OS XORNALISTAS HONRARON O SEU PATRON CUN ACTO FÚNEBRE E SOLIDARIO EN MEMORIA DOS MEDIOS DESAPARECIDOS E DOS XORNALISTAS EN PARO

 

 

 

OS XORNALISTAS HONRARON O SEU PATRON CUN ACTO FÚNEBRE E SOLIDARIO EN MEMORIA DOS MEDIOS DESAPARECIDOS E DOS XORNALISTAS EN PARO

 

Posteriormente celebraron co Ateneo de Santiago un acto cultural na lembranza do sobranceiro xornalista compostelano Alfredo Vicenti

 

Santiago, 24.01.2018.- Na celebración de San Francisco de Sales, patrón dos Xornalistas, un grupo de asociados daAPSC (Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela-FAPE) reuníuse diante da talla do Santo ubicada na igrexa da Universidade para depositar unha coroa fúnebre en memoria dos “medios mortos e desaparecidos durante a crise”.

O acto servíu de homenaxe á aportación o xornalismo durante décadas de medios como A Nosa Terra, Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, V Televisión, Vieiros e outros medios non galegos como a revista Interviú ou o semanario Tiempo, todos elas portadas xa inexistentes, coa conseguinte perda de postos de traballo. No transcurso da cerimonia, o presidente da APSC, Luís Menéndez, leeu unha “Letanía e Invocación” ao Santo na que criticou a utilización espúrea do xornalismo e dos xornalistas e  elevou pregarias “para que os xornalistas volvan ser libres, responsables e independentes nunha sociedad desenvolvida, aberta e madura”. O acto foi apoiado tamén polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG).

Posteriormente, en colaboración co Ateneo de Santiago, a APSC participou nun “Faladoiro” na sede do Ateneo compostelán arredor da figura do sobranceiro xornalista e médico compostelán Alfredo Vicenti (1850-1916), director do “Diario de Santiago” e promotor da Asociación da Prensa de Madrid (APM). No acto participaron, amais de directivos do Ateneo, os xornalistas Benxamín Vázquez e Vicente González quens deron conta do gran exemplo e valor profesional do ilustre devanceiro, perseguido na súa época, e salientaron a gran biografía realizada por Baldomero Cores, falecido hai uns anos. A APM enviou senllas mensaxes de adhesión asinadas pola súa presidenta, Victoria Prego.

Pé de foto: Os xornalistas depositan unha coroa de loureiro ó Patron San Francisco de Sales, cos nomes dos medios de comunicación xa desaparecidos do público.

 

MÁIS INFORMACIÓN E CONTACTO:

619420883 / 656326140

 

Letania Patrono.docx


search
Copyright ©2019 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras