PESAR POLO PASAMENTO DE ARTURO LEZCANO FERNANDEZ

 

Santiago, 18.01.2019.-A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) manifesta a súa dor e pesar polo pasamento na tarde de onte do xornalista e escritor Arturo Lezcano Fernández (Ourense, 1939) na cidade da Coruña.

Arturo Lezcano foi unha referencia para moitos xornalistas galegos como exemplo de traballo constante, crítico e creativo. Director de "Ferrol Diario" e "El Norte de Galicia" traballou ata a súa xubilación en "La Voz de Galicia", onde se especializou en diversos xéneros xornalísticos. Vicepresidente da Fundación Vicente Risco, en Allariz, escribiu numerosos relatos e novelas como "Os dados de Deus" ou "So ós mortos soterran os seus mortos" na editorial Galaxia, ou "Cuando eramos emigrantes", crónicas desde os lugares de residencia dos emigrantes galegos en Europa.

Alcumado como "Ruco", a APSC transmite as súas condolencias a todos os seus amigos, compañeiros e familiares, entre os que se atopa o seu fillo tamén destacado xornalista, Arturo Lezcano González. Os restos mortais de Arturo Lezcano permañecen hoxe no tanatorio Servisa da Coruña e mañá sábado serán soterrados no cemiterio coruñés de Santa Cecilia en Feans as  12.30.


search
Copyright ©2019 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras