A ASOCIACIÓN DE PERIODISTAS E O ATENEO DE SANTIAGO HOMENAXEARON A "BOCELO" NO SEU CENTENARIO

                                                                   
 
 
Santiago, 25.01.2019.- A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC-FAPE) e o Ateneo de Santiago celebraron unha homenaxe cívica ao senlleiro xornalista Pedro de Llano López (1918-1998) maís coñecido polo alcume de "Bocelo" quen fora director de La Voz de Galicia, El Ideal Gallego e El Progreso de Lugo en diversos periodos de finais do século XX. No acto, no que os xornalistas compostelán celebraban o Día do Patrón San Francisco de Sales, participaron o neto de "Bocelo" o tamén xornalista de El Pais, Pablo de Llano, e Benxamín Vázquez, quen fora delegado do Ideal Gallego durante a dirección de Bocelo. Ambolos dous destacaron a grande figura, con numerosas anecdotas e datos biografícos, do que fora "mestre de xornalistas" durante os dificiles tempos da Ditadura e salientaron o seu bo quefacer profisional xa que fomentara como nunca antes o reporteirismo de rúa e a especialización do xornalismo de opiníón. Él mesmo asinaba -moitas veces con pseudónimo- crónicas e columnas como "Dia a Dia", "De sol a sol" ou "Buenos días".
 

O acto foi un preludio da próxima aparición da súa biografía "Bocelo. Crónica dun tempo olvidado", elaborada polo seu neto e mailo seu fillo, o coñecido arquitecto Pedro de Llano. Presentaron o acto por parte da APSC, o seu presidente Luís Menéndez e por parte do Ateneo, Manuel Pousa, vicepresidente.

Pé de foto: No auditorio do Museo das Peregrinación de Santiago celebrouse o acto en homenaxe a Bocelo

                                                        


search
Copyright ©2019 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras