Conformado o Grupo de Expertos Audiovisuais na Federación Europea de Periodistas

 

 

 

A FAPE accede a unha vicepresidencia no BREG (Broadcasting Expert Group) co nomeamento de Luis Menéndez, presidente da APSC

 

 

 

MADRID, 04 DE OUTUBRO DE 2019. O xornalista  Luis Menéndez, membro da Xunta directiva da Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE) e presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC),  foi elixido vicepresidente do Comité de Expertos Audiovisuais da Federación Europea de Periodistas (FEP) para o período 2019-2022.

 

O comité estará presidido pola periodista finlandesa Susanna Sjöstedt e completan a directiva o inglés John Barbsy e a austríaca Christianna Jankovics. 

 

No BREG, que depende do Comité Directivo de la FEP que preside o danés Mogens Blicher, están tamén delegados de Alemaña, Francia, Bélxica, Noruega, Serbia, Portugal, Italia, Estonia, Grecia e Bosnia-Herzegovina.

 

O labor fundamental do BREG é a emisión de informes sobre o sector audiovisual en Europa, referidos sobre todo á defensa da independencia profesional do xornalista fronte ás interferencias políticas, así como o mantemento dos postos de traballo e o respeto aos principios éticos da profesión.

 

 “A designación de Menéndez é un paso decisivo para que os xornalistas dos medios audiovisuais españois teñan un firme defensor dos seus intereses e dereitos, sobre todo nun momento no que algúns partidos políticos cuestionan o papel das televisións e radios públicas e non duvidan en anunciar plans de desmantelamento”, dixo o presidente da FAPE, Nemesio Rodríguez.

 

O nomeamento de Menéndez confirma á FAPE como a organización de xornalistas española con maior presencza nos postos diretivos ou nos consellos e comités das dúas grandes federacións de reporteiros do mundo, aa FEP e a Federación Internacional de Periodistas (FIP).

 

A FAPE conta con María Ángeles Samperio como presidenta do Consello de Xénero da FIP e con Paco Audije como membro do Consello Diretivo da organización internacional, en representación tamén, neste último caso, da Federación de Sindicatos de Periodistas.


search
Copyright ©2019 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras