Presentación do Libro "La parroquia de Grixalba (A Coruña). Población y Modos de Vida" no Mosteiro de Sobrado

 

                                                                      

 

Sobrado dos Monxes, 03.11.2019.- As investigadoras María Elisa González-Moro Zincke e Áurea Sánchez Puente presentaron o libro "La parroquia de Grixalba (A Coruña). Población y modos de vida" o pasado 17 de outubro na Sala Capitular do Mosteiro de Santa María de Sobrado, en Santiago de Compostela. Unha publicación singular que describe a historia da parroquia como unidade de estudo desde a prehistoria até a actualidade. 

Grixalba é unha das 10 parroquias do municipio de Sobrado, na comarca Terra de Melide. A de maior superficie e unha das máis extensas de Galicia. 

As autoras, de profesión xeógrafa a primeira e xornalista a segunda, son tamén editoras e distribuidoras dos exemplares Dedicaron cinco anos ao traballo de campo, á observación, análise, estudo e redacción do texto, que vai acompañado dun gran número de fotografías, gráficas e debuxos. 

O libro está redactado de forma académica, como un traballo máis da especialidade da profesora María Elisa González-Moro. Para isto analizaron diversos documentos e bibliografía e percorreron 31 núcleos de poboación para dar conta da evolución e transformación do territorio. 

                               


search
Copyright ©2019 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras