A XORNALISTA VENEZOLANA DEUDELIS OVIEDO, QUE PEDIU ASILO EN ESPAÑA, EXPUSO A CRíTICA SITUACION PARA O XORNALISMO NO SEU PAIS DIANTE DA ASAMBLEA DE SOCIOS DA APSC

                                                  Deudelis Oviedo, segunda pola esquerda, expondo na asamblea da APSC a dramática situación dos xornalistas en Venezuela, acompañada polas directivas da Carme Prado, Belén Baños e Xulia Campo.
 
Deudelis Oviedo, segunda pola esquerda, expondo na asamblea da APSC a dramática situación dos xornalistas en Venezuela, acompañada polas directivas da Carme Prado, Belén Baños e Xulia Campo.
 
 
 
Santiago, 21/12/2019.- A xornalista venezolá, Deudelis Oviedo, directora do programa de radio e televisión "Bajo la lupa" da canle Unicable, e que fora recentemente clausurado polo goberno de Nicolás Maduro, vén de solicitar asilo político en España.
 Deudelis, pertencente ao Sindicato de Traballadores de Prensa e con carnet de la FIP (Federación Internacional de Periodistas) expuxo o seu caso diante da asemblea anual de socios da APSC (Asociacion de Periodistas de Santiago de Compostela). 
Debido a unha permanente situación de acoso e persecución política, Deudelis decidíu saír recentemente do seu país co seu marido e filla e refuxiarse en Santiago de Compostela, onde ten familia. 
O programa "Bajo la lupa" era de información política e nel participaban todo tipo de entrevistados, mesmo desde fóra de Venezuela, tendo un contrastado éxito de audiencia no Estado de Nueva España, na illa Margarita. Os contidos eran moi críticos contra o poder de Maduro e a situación de precariedade en Venezuela. 
O pasado mes de agosto, funcionarios de Conatel (compañía nacional de Telecomunicaciones) obrigaron aos directivos do medio a clausura de dito programa, extremo que finalmente se levou a cabo, obrigando á súa directora a tomar a traumática decisión de abandonar o seu país e pedir asilo en España, xa que as ameazas anónimas persoais contra ela e a súa familia eran xa constantes.
 
Deudelis foi acollida polos compañeiros da APSC, que decidiron reservar un tempo da súa asemblea anual e escoitar a crítica situación do xornalismo en Venezuela un país que, segundo o barómetro de liberdade de expresión de Reporteiros sen Fronteiras, ocupa o posto 148 dos 180 países que hai no mundo.
 
Por outra parte, os socios da APSC, aprobaron as contas e o informe de xestión anual da Asociación que preside Luís Menéndez, quen anunciou novos retos futuros como o 75 º aniversario no vindeiro ano e a celebración da asemblea anual da FAPE en Compostela no ano xacobeo 2021, así como outros asuntos relativos a problemática da profesión en Santiago, Galicia, España e o mundo.
 

search
Copyright ©2020 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras