Miguel Ángel Benedicto ofrece na APSC un "briefing" sobre as próximas eleccións europeas

                                                     
 
 
Santiago, 22/03/2019.-O director da Oficina do Parlamento Europeo en España, e encargado da Comunicación, xornalista e avogado aragonés Miguel Anxel Benedicto visitou a capital galega para tomar contacto con varios medios de comunicación locais con motivo das vindeiras eleccions europeas do 26 de Maio. Convidado pola APSC, deu tamén unha conferencia na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago sobre diversos aspectos da Unión Europea como o actual procedemento electoral, a campaña institucional, e numerosos temas de actualidade que xurdiron no posterior coloquio. 
 
Benedicto foi presentado polo presidente da APSC, Luís Menéndez. Tamén participou no coloquio Pablo López, un xove xornalista galego voluntario para a difusión das vindeiras eleccions ao parlamento europeo con varias iniciativas sobre todo relacionadas coas redes sociais.
 
                                                       

search
Copyright ©2019 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras