Comunicado FAPE-APSC no día do Patrono dos Xornalistas, San Francisco de Sales

 
 
 
Madrid/Santiago. 24/01/2020.- No día do Patrono dos Xornalistas, San Francisco de Sales, a FAPE-APSC reitera o seu firme compromiso coa defensa da liberdade de prensa fronte aos vetos a medios e xornalistas, os recursos ás rodas de prensa sen preguntas e a exclusión dos profesionais do xornalismo de actos de especial trascendencia.
 
A FAPE (Federación de Asociacións de Periodistas de España) e a APSC, a súa asociación delegada na capital galega, constata que hai unha clara tentativa de converter o noso traballo en irrelevante ao fin de impoñer a propaganda como norma e evitar a rendición de contas á que están obrigados os governos e os partídos políticos e sen a que a democracia non podería sobreviver.
 
Diante desta situación a FAPE, primeira organización profesional de xornalistas de España, reivindica o papel fundamental da liberdade de prensa nas sociedades democráticas como dique de contención dos abusos do poder, firme soporte dos valores constitucionais e piar imprescindible do dereito de información dos cidadáns.
 
A FAPE-APSC alertan do risco de perdela liberdade de prensa que tanto costou conquistar e fai un chamamento a sociedade para que ampare o libre exercicio do xornalismo, garantía da sobrevivencia da democracia cando cumpre en plenitude a sua función de ofrecer os cidadáns a información que necesitan para tomar as súas propias decisións.
 
O fomento dunha cidadanía libre, crítica co poder, só se logra ao través dun xornalismo de calidade, é decir, ó que promove información veraz, verificada, contrastada con fontes fiables e suxeita ás normas do noso Código Deontolóxico.
A información endexamais poder ser unha mercadoría sometida á cotización, a falsificacións e a manipulacións. Moi polo contrario, o xornalismo de calidade é un ben de valor que os xornalistas e os medios poñen a disposición dos cidadáns para impulsar a pluralidade, a convivencia democrática, o progreso e o Estado de Dereito.
A imposición do silencio informativo perxudica no só aos xornalistas, senón tamén e en especial aos cidadáns, aos que se lles priva de coñecer á fondo decisións que poden condicionar a súa vida presente e futura. Os cidadáns deixan de ser soberanos e pasar a ser servos, aos que se lles pode enganar con facilidade con mentiras, medias verdades e feitos alternativos.
En consecuencia, a FAPE-APSC demanda aos poderes públicos que se poña fín dunha vez por todas ás rodas de prensa sen dereito a preguntas, supriman os impedimentos a medios e todas aquelas medidas que impiden o libre acceso á información, entre elas ás que están reflectidas na chamada “lei mordaza”. Ínstase tamén aos grupos editoriais á que melloren as condicións laborais e salariais dos seus xornalistas. Mal se poder facer un xornalismo de calidade polo que os cidadáns estarían dispostos a pagar, con redaccións febles, xornalistas mal remunerados e cos seus dereitos laborais reducidos ao mínimo, condicións que agrávanse nos casos dos autónomos, os colaboradores e os bolseiros. Igualmente solicitámoslles que adopten medidas que levanten as barreiras que impiden que a promoción das xornalistas se fagan en condicións de igualdade co dos seus compañeiros.
Tamén exhortamos ao novo Governo de España e o Parlamento á que resolvan coa máxima urxencia o concurso público en RTVE ao fin de que se converta nun medio de tódolos cidadáns, alleo aos governos de turno e sen inxerencias políticas, esixencias que demandamos tamén ás radioteleviisóns autonómicas, nalgunha das cales hai un claro incumprimento da propia lei que a ampara.
 
 

search
Copyright ©2020 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras