O comité directivo da Federación Europea visita a facultade de Comunicación como posible sede para a súa Asemblea Anual do 2020

                                 

 

A CÚPULA DO XORNALISMO EUROPEO CELEBROU EN SANTIAGO UNHA REUNIÓN DE TRABALLO

 

 

                                                

 

Santiago, 15.04.2019.- O comité directivo da Federación Europea de Periodistas (EFJ SC), presidido polo danés Mogens Blicher, mantivo unha intensa xornada de traballo na capital galega este luns 15 de abril. A delegación, que está composta tamén por representantes de Reino Unido, Rusia, Alemania, Francia, Suiza, Italia, Montenegro, Grecia e España, reuniuse no Hostal dos Reis Católicos esta mañá para tratar diversos asuntos.

Pola tarde, visitaron a Facultade de Comunicación onde chequearon a posibilidade de aprobala como sede para a Asamblea Anual da Federación Europea no ano 2020, o que suporía a estadía na capital galega de máis de 120 xornalistas de 48 países europeos.

O desprazamento a Galicia do Steering Committee (comité directivo) da European Federation of Journalists (EFJ), que habitualmente ten as súas xuntanzas en Bruxelas, obedece a unha invitación da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), adscrita a FAPE (Federación Española), que preside Luís Menéndez, á súa vez membro do comité europeo. Ademais da sede para o ano próximo, os dirixentes tamén abordaron asuntos como a represión á prensa en Turquía, a crítica situación do xornalismo en Rusia e nos países do Leste, así como as consecuencias do Brexit.

A xornada rematou cunha recepción oficial no Concello De Santiago. 


 

A Federación Europea de Periodistas (EFJ) é a organización continental representativa dos xornalistas en toda Europa, non só da Unión Europea. Abrangue a un total de 320.000 socios, de 48 países. Ten a súa sede en Bruxelas e fai eleccións cada tres años, con un delegado por país. Os seus obxectivos son a defensa da liberdade de expresión, a loita polas condicións laborais dignas dos xornalistas, a independencia dos poderes políticos ou de calquera tipo, e a dignidade, ética e deontoloxía no exercicio profesional.

https://europeanjournalists.org/

O Steering Committee (SC), ou comité directivo da EFJ, é o máximo órgao de gobernó da EFJ. Os seus membros son elixidos cada tres anos polas 71 organización profesionais que forman a EFJ. Ten reunións periódicas na sede central de Bruxelas que é tamén da IFJ (International Federation of Journalists)- e, extraordinariamente, fóra da capital belga, normalmente coincidindo con encontros internacionais e/ou congresos. 

 

 


search
Copyright ©2019 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras