A ASOCIACION DE PERIODISTAS DE SANTIAGO INSTA A FEIJÓO À CELEBRACIÓN DAS RODAS DE PRENSA CON XORNALISTAS EN DIRECTO POR VIDEOCHAMADAS

 

 
Santiago, 04.05.2010.- A APSC (Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela), insta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a teren en conta nas súas comparecencias e rodas de prensa sobre o coronavirus, ou calquera outro asunto, a introducción das preguntas dos xornalistas en directo ao través de medios técnicos, como as videochamadas, e do mesmo xeito que desde hai dúas semanas está  facendo o goberno central, que cedeu diante das protestas das organizacións profesionais, subliñadamente á FAPE.
 
Durante o Estado de Alarma, as comparecencias semanais de Feijóo, tralo consello da Xunta, e dos seus conselleiros, celébranse por streaming e coas preguntas dos informadores que son enviadas por WhastApp e que son previamente cribadas polo gabinete de comunicación do goberno galego, ó que pode dar lugar a selección e prevalencia por parte de éste, así como dificultades para repreguntar.
 
Cómo un exemplo máis de todo esto, o pasado sábado o goberno galego presentou un plano económico para a recuperación do turismo diante do sector afectado. Na propia nota de convocatoria especificábase que “polas restriccións do coronavirus e para evitaren concentracións, os medios non poderán acceder”. A Asociación de Xornalistas considera este feito como “unha excusa intolerable que sen dúbida ten como obxectivo a evitación de cuestionamientos e preguntas críticas por parte dos xornalistas”. 
 
Presentadores de loito
 
Por outra parte, a APSC considera “totalmente inaxeitado e alleo á independencia do libre criterio dos xornalistas” a recente norma dictada pola CRTVG (Corporación de Radio Televisión de Galicia) dirixida aos presentadores dos informativos da TVG á vestiren de loito durante a programación do mes de maio, mes que fora instituído pola Xunta como mes de loito en memoria das víctimas da pandemia.  Para a APSC, á citada norma invade a “privacidade dos xornalistas asi como obriga a identificación e instrumentalización da súa propia imaxe con postulados defendidos polo PP e Vox, e non pactados co resto do abano político galego, e cunha clara simboloxía de matiz relixioso en declive”. Neste senso, a APSC informa aos profesionais que se poidan sentir afectados por dita norma á que poden acollerse ao seu dereito constitucional da cláusula de conciencia.
 

search
Copyright ©2020 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras