A ASOCIACIÓN DE PERIODISTAS DE SANTIAGO RECUPERARÁ A FIGURA DE VICTORIANO GARCÍA MARTÍ, PROMOTOR DO PRIMEIRO CONGRESO DA PRENSA DE GALICIA CELEBRADO EN COMPOSTELA NO ANO 1921

Santiago de Compostela, 22.01.2021.-A Xunta Directiva da Asociación de Periodistas de Santiago (APSC/FAPE) aprazou os actos da celebración do Patrón San Francisco de Sales (24 Xaneiro), en virtude da situación pandémica, pero adianta que celebrará unha homenaxe a Victoriano García Martí (A Pobra do Caramiñal, 1881-Santiago, 1966), unha das figuras claves do pensamento europeo na primeira metade do século XX. Alén do seu inxente traballo intelectual (xornalista, escritor, xurista, ensaísta, filósofo e editor), destaca  a súa labor como promotor do I Congreso da Prensa de Galicia, no ano 1921, acontecemento do que se cumpre o seu centenario, e que se celebrou no Paraninfo da Universidade compostelana.

 

O sobranceiro pobrense exerceu o xornalismo en numerosas publicacións como “El Compostelano”, “El Pueblo Gallego”, “Faro de Vigo”, “La Voz de Galicia”, “El Liberal”, “ABC”, “El Heraldo” o “La Vanguardia”, e ten numerosas libros en castelán dedicados a Galicia como “Una punta de Europa” ou ”Don Severo Carballo. Del alma gallega”, e foi profeta do chamado “turismo literario” valorando a Galicia desde unha perspectiva de difusión internacional. Salienta dicir tamén que Victoriano García Martí foi o editor das obras completas de Rosalía de Castro, en 1944. Defensor da cidade de Santiago de Compostela como capital emblemática, meta turística e berce de europeísmo, sufríu censura e persecución polo seu republicanismo e ideas democráticas. Os franquistas prendéronno e sufriu cadea no penal de Burgos.

A pesares do ostracismo da súa figura e obra en Galicia e España, a súa valía  intelectual é innegable. En Paris foi discípulo de Henri Bergson e Émile Durkheim na Universidade da Sorbona, o que explica os seus posteriores traballos de investigación sociolóxica e filosófica. En Madrid consagrouse como secretario do Ateneo baixo a presidencia de Menéndez Pidal, Conde de Romanones e Ramón Mª del Valle-Inclán, ademais de secretario da Sección de Filosofía en tempos de Ortega y Gasset. Con ést

e outros destacados pensadores como Miguel de Unamuno ou Manuel Azaña mantivo unha estreita relación persoal. Amigo persoal e coetáneo de Valle Inclán, coincidíu con él en múltiples tertulias e vivencias tanto na Pobra de Caramiñal como en Madrid. Membro da Real Academia Galega, e correspondente da Española, así como doutras prestixiosas institucións, nunca esqueceu o seu vencellamento con Galicia como amosa a sua sinatura no Compromiso de Barrantes (1930)  ou a creación da Sociedade de Amigos de Galicia.

A APSC, seguindo o ciclo de recuperación das figuras egrexias do xornalismo galego, que pasaron a historia pola súa profesionalidade e maxisterio, como fóra do caso de Borobó, Bocelo ou Augusto Assía, levará a cabo a homenaxe a García Martí cando a situación sanitaria o permita. 

Os actos terán lugar en Santiago de Compostela e na Pobra do Caramiñal, e contan co apoio do Concello da súa vila natal e mais da especialista na súa vida e obra, a filóloga e profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Arantxa Fuentes Ríos.

 

https://twitter.com/alvarellos_ed/status/1353409629435416578?s=20


search
Copyright ©2021 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras