A EDITORA FRANCESA "LE VIEUX CRAYON" RECIBE O VIII PREMIO AYMERIC PICAUD POLAS GUÍAS DE PEREGRINO “MIAM MIAM DODO”

O acto, organizado pola Liga de Asociacións de Periodistas do Camiño de Santiago, da que forma parte a APSC-FAPE, celebrouse o venres 25 de xuño no Salón Nobre do Pazo de Fonseca

Os encargados de recoller o galardón foron a autora das guías, Marie-Virginie Cambriels, e o representante da editora Jacques Cloteau

                                                                    

Santiago de Compostela 25/06/2021-. O Salón Nobre do Pazo de Fonseca en Santiago de Compostela acolleu a entrega do Premio Internacional Aymeric Picaud de divulgación xornalística do Camiño de Santiago, que concede dende hai oito anos a Liga de Asociacións de Xornalistas de Periodistas do Camiño de Santiago, á editora francesa "Le Vieux Crayon" (O Vello Lápis), que dirixe Jaques Cloteau, polo seus 25 anos levandoa cabo unha documentada, rigorosa e moi profesionalizada labor informativa en favor dos peregrinos do Camiño de Santiago, coa publicación das Guías "Miam Miam Dodo". 

O acto estivo presidido polo Presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; a Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a alcaldesa en funcións de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón; o Presidente da Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE), Nemesio Rodríguez, e o presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, Luís Menéndez.

Entre o medio cento de asistentes, aforo reducido para cumplir as normas de seguridade sanitaria, estiveron os representantes das oito asociacións de xornalistas do Camiño Francés de España, é dicir, os de Aragón, Navarra, La Rioja, Burgos, Palencial, León, Lugo e Santiago de Compostela, e que paralelamente queren contruibuír á dignificación da profesión baixo o paraugas do lema "X o Coñecemento+Xornalismo". 

Precisamente, a preocupación pola situación actual da profesión, sometida a múltiples ameazas, estivo presente nas intervencións de Nemesio Rodríguez e Luís Menéndez. Ambos os dous fixeron especial fincapé na ideoloxización dos medios de comunicación, a falta de normas nas plataformas dixitais, e o control "asfixiante" das institucións políticas sobre os medios públicos, sobre todo autonómicos.

O acto tamén contón coa intervención de Antón Pombo, gran especialista no Camiño de Santiago, que espuxo a súa experiencia no campo das guías de preregrinos. E os premiados Marie-Virginie Cambriels e Jaques Cloteau, que contaron a historia da editora a partir das súas vivencias persoais das moitas veces que fixeron a peregrinaxe polo Camiño Francés, sós ou acompañados doutra das súas paixóns, os burros. 

Tamén contou a súa experiencia no Camiño de Santiago, Miguel Santalices, que actualmente estao a percorrer. E loou a organizacións como a Liga de Asociacións de Xornalistas do Camiño Francés que contribúen, dixo, a "emgramdecer" as rutas xacobeas e a manter "as súas tradicións e preservalas para as xeracións futuras". 

Neste eido, Nava Castro, agradeceu esta labor, que fan centos de asociacións por todo o mundo, confirmando que o fenómeno Xacobeo e a peregrinañe por estas rutas cara a Santiago de Compoesta é xa "un fenómeno mundial". E aseverou que así o pon de manifesto o Papa, "decidindo ampliar a duración do actual Xacobeo ata o 2022, dada a demanda internacional de participar na experiencia de peregrinar a Santiago en Ano Santo". O acto rematou como comezou, coa interpretación musical a cargo da propia premiada Marie-Virginie Cambriels. 

O PREMIO AYMERIC PICAUD VOLVE A COMPOSTELA

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) obstenta a presidencia da Liga neste ano Xacobeo 21-22. Foi a primeria, hai oito anos, en organizar este prestixioso galardón a persoas o entidades de todo o mundo que se distingan por promover o Camiño de Santiago en calquera dos seus aspectos. 

A entrega deste premio trouxo a Galicia a numerosos xornalistas de toda España, que realizaron varias actividads divulgativas o domingo posterior á celebración do acto. Entre as actividades previstas, figuraban unha peregrinaxe na Costa da Morte e a inauguración en Muxía da exposición "O Coñecemento no Camiño de Santiago", xunto a unha mostra fotográfica de Xesús Búa da ruta Fisterra-Muxía. 

 


search
Copyright ©2021 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras