A ASOCIACION DA PRENSA DE SANTIAGO CELEBROU O PATRONO DOS XORNALISTAS CUNHA HOMENAXE A VICTORIANO GARCÍA-MARTÍ

Santiago, 22.01.2022.- A polifacética figura e obra de Victoriano García-Martí (A Pobra do Caramiñal, 1881- Santiago, 1966) foi a homenaxeada na celebración de San Francisco de Sales, patrono dos xornalistas, pola Asociación da Prensa de Santiago de Compostela (APSC-FAPE). Filósofo, ensaísta, abogado, escritor, e prolífico xornalista Victoriano García-Martí foi unha figura de alta relevancia intelectual que recibiu numeroso recoñecemento alén de Galicia, subliñadamente en Paris e Madrid, onde foi directivo do Ateneo nos tempos de Menéndez Pidal, Conde de Romanones, Azaña e Valle-Inclán, con quen compartiu tertulias e amizade.

Editor de “Cantares Gallegos”, de Rosalía de Castro e autor de numerosos traballos xornalísticos en diarios de España, Francia e Hispanoamérica, Victoriano García-Martí foi un dos discípulos máis salientables do gran filósofo francés Henri Bergson, con que compartiu aulas na universidade parisina de la Sorbonne. Foi promotor, asemade, do primeiro Congreso de Xornalistas de Galicia celebrado en Santiago, en 1921, como salientou o presidente da APSC-FAPE, Luís Menéndez.

 


search
Copyright ©2022 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras