Declaración ante o Día Mundial da Liberdade de Prensa

 

 

A FAPE insta a medios e xornalistas a impulsar unha rexeneración

 

ética do xornalismo

 

 

MADRID, 2 DE MAIO 2022. Con motivo do Día Mundial da Liberdade de Prensa, a Federación de Asociacións de Xornalistas de España (FAPE) insta a medios e xornalistas a impulsar unha rexeneración ética do xornalismo para recuperar a confianza dos cidadáns e garantir axeitadamente o seu dereito á información.

 

Tal rexeneración ética faise máis necesaria ca nunca ante o avance da desinformación, que incentiva o odio, a polarización, o trincheirismo, a discriminación, os discursos de odio e a intolerancia.

 

O xornalismo que difunde información veraz, verificada, contrastada con fontes fiables, respectuoso coas nosas normas deontolóxicas e feito con rigor e honestidade, aparece como o sustento principal desta rexeneración ética, en contraposición ao que practican seudomedios que só responden a intereses espurios.

 

A precariedade tamén incide negativamente no xornalismo de calidade, que se fai imprescindible para convencer aos cidadáns de que paga a pena pagar pola información que queren recibir no novo modelo de suscripcións dixitais.

 

A liberdade de prensa é un dereito que nunca debe darse por conquistado definitivamente, como demostran as ameazas que sofre: as roldas de prensa sen preguntas; os vetos ao acceso á información; os sinalamentos; os insultos e agresións a xornalistas en distintas coberturas; o requerimento de fiscais e xuíces para que o xornalista revele as súas fontes e as querellas abusivas para frear as investigacións xornalísticas.

 

O crecente acoso online, que afecta en especial aos xornalistas, é outra das grandes ameazas á liberdade de prensa porque pretende desacreditar e silenciar aos profesionais da información ou forzar a que se autocensuren, ademais de ser unha clara ameaza á súa seguridade e benestar.

 

Este acoso é moitois preocupante cando procede dos propios partidos ou dos seus dirixentes, impulsores nalgúns casos de campañas de presión orquestradas a través das redes sociais para intimidar e desprestixiar aos xornalistas que xulgan críticos cos seus plantexamentos.

 

Alertamos de que as restricións ao exercicio libre do xornalismo teñen consecuencias graves non só para os profesionais, senón tamén para tódolos cidadáns, aos que se pretende limitar o seu dereito constitucional á información.

 

En aras dunha liberdade de prensa plena, reclamamos que cesen as arbitrariedades e o control político da información nos medios públicos, lembrando que son de todos e non do goberno de turno.

Este Día Mundial da Liberdade de Prensa coincide ca guerra en Ucraína, onde xa perderon a vida unha decea de reporteiros, e cunha vaga de asasinatos de reporteiros en México que confirman que os poderes queren eliminalos coma testigos dos abusos e atrocidades que se cometen nos conflictos bélicos e en países onde o crime organizado goza dunha impunidade escalofriante ante a pasividade das autoridades.

 

A FAPE é a primeira asociación profesional de xornalistas de España con 50 asociacións federadas e 16 vinculadas que no seu conxunto representan a máis de 17.000 asociados. Adscrita á Federación Internacional de Xornalistas (FIP).

JUAN BRAVO, 6. 2ª PLANTA – 28006 MADRID – TELS. 91 360 58 24 – Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


search
Copyright ©2022 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras