Descontos para os socios da APSC/FAPE

Santiago, 28.04.2022.- O Centro Óptico e Auditivo Tábora e a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) asinaron un convenio, ampliable a tódolos socios da Federación de Asociacións de Periodistas de España (Fape), que implica unha serie de avantaxes en diferentes produtos. Entre elas, un 30% de descontos en lentes e audífonos e un 25% en monturas e gafas de sol. O convenio inclúe revisións visuais completas gratuítas, asesoramento en audioloxía, adaptación de lentes de contacto e unha ampla gama de garantías.

 

Os socios acreditados que utilicen este servizo dispoñen de diversas liñas de financiación, ata 24 meses sen intereses.

O convenio (na foto) foi asinado en Santiago pola directora do centro óptico e auditivo Tábora,  María Luísa Tábora Lores, e o presidente da APSC Luís Menéndez.

 
 
 

search
Copyright ©2022 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras