Proclamada a candidatura presidida por Miguel Ángel Noceda á xunta directiva da FAPE

A lista, presentada pola Asociación da Prensa de Madrid, será declarada electa, sen necesidade de votación, na Asemblea Xeral que se celebrará en Santander o vindeiro 21 de maio

 

05 DE MAIO DE 2022. A Comisión de Garantías e Auditoría da Federación de Asociacións de Xornalistas de España (FAPE)ten proclamada a candidatura presidida por Miguel Ángel Noceda e presentada pola Asociación da Prensa de Madrid (APM)para as eleccións á xunta directiva da Federación.

 

A Asociación da Prensa de Santiago (APSC) segue na directiva, na persoa do seu presidente, Luís Menéndez, coma vogal e delegado para as Relacións Internacionais.

 

 

 

(Foto de Atalayar e Europa Press)

 

Contra a proclamación da mesma, as asociacións federadas poderán presentar, por calqueira medio, o correspondente recurso de reposición no prazo de dous días hábiles seguintes á proclamación, e será resolto, no seu caso, no prazo de 48 horas pola Comisión de Garantías e Asuntos Profesionais, sen que poda interpoñerse recurso contra o seu acordo.

 

Dacordo ao reglamento electoral da FAPE, a candidatura encabezada por Miguel Ángel Noceda será declarada electa, sen necesidade de votación, na Asemblea Xeral que se vai celebrar en Santander o vindeiro día 21.

 

Noceda sucederá a Nemesio Rodríguez, elixido presidente na Asemblea que a FAPE celebrou en Salamanca en abril de 2018.

 

A candidatura proclamada é a seguinte:

 

Presidente:

Miguel Ángel Noceda Llano, da Asociación da Prensa de Madrid

 

Vicepresidente primeiro:

Aurelio Martín González, da Asociación da Prensa de Segovia

 

Vicepresidenta segunda:

Carolina Fernández García, da Asociación da Prensa de Sevilla

 

Vicepresidenta terceira:

Noa de la Torre Alfaro, da Unió de Periodistes Valenciáns

 

Secretario Xeral:

Amancio Fernández Rodríguez, da Asociación da Prensa de Madrid

 

Vicesecretaria Xeral:

María Jesús Chao Álvarez de Sierra, da Asociación da Prensa de Madrid

 

Tesoreiro:

Francisco Javier Galán Gamero, da Asociación da Prensa de Madrid

 

Vocais:

Esther Aniento Idoype, da Asociación da Prensa de Aragón

 

Anabel Isabel Díez Navarrete, da Asociación de la Prensa de Madrid

 

Lola Gallardo Ceballos, da Asociación da Prensa de Cantabria

 

Luis Menéndez Villalba, da Asociación de Xornalistas de Santiago

 

A FAPE é a primeira asociación profesional de xornalistas de España con 50 asociacións federadas e 16 vinculadas que no seu conxunto representan a máis de 17.000 asociados. Adscrita á Federación Internacional de Xornalistas (FIP).

JUAN BRAVO, 6. 2ª PLANTA – 28006 MADRID – TELS. 91 360 58 24 – Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 


search
Copyright ©2022 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras