Miguel Ángel Noceda, novo presidente da FAPE

Hace unos años, la FAPE eligió un acertado eslogan: Sin periodismo no hay democracia. De eso se trata”, afirmou na súa intervención ante a LXXXI Asemblea Xeral, na que a súa candidatura foi a única en optar á renovación da Xunta Directiva.

 

A asociación de Santiago continúa con Luís Menéndez na vogalía e na delegación para as Relacións Internacionais. 

 

 

Nova Xunta Directiva da FAPE. De esquerda a dereita: Francisco Javier Galán (tesorero), Esther Aniento (vogal), Noa de la Torre (vicepresidenta terceira), Lola Gallardo (vogal), Miguel Ángel Noceda (presidente), Aurelio Martín (vicepresidente primeiro), Carolina Fernández (vicepresidenta segunda) e Luís Menéndez (vogal). Faltan na imaxe Amancio Fernández (secretario xeral) e Ana Isabel Díez (vogal).

 

 

21 de maio de 2022. - Miguel Ángel Noceda é o novo presidente da Federación de Asociacións de Xornalistas de España (FAPE). A súa candidatura, presentada pola Asociación da Prensa de Madrid, foi a única en optar á renovación da Xunta Directiva na LXXXI Asemblea Xeral, celebrada na mañá do 21 de maio de 2022 no Palacio da Magdalena de Santander, no marco dos actos conmemorativos do Centenario da organización.

 

O veterán xornalista, especializado en información económica, substitúe na presidencia a Nemesio Rodríguez López, quen, tras catro anos ao fronte da Federación, non optou á reeleción.

 

Asumo este cargo con el objetivo de defender la profesión y abrir el debate a todas las cuestiones que se susciten desde las distintas asociaciones”, dixo trala súa proclamación.

Na súa intervención, Noceda comparou a actual situación da profesión coa que vivían os que a exercían hai cen anos, en 1922, cando se fundou a Fape. “Resulta inevitable hacer paralelismos con lo que ocurría hace un siglo. Reconocida la profesión, con facultades que la enseñan y másters que la enriquecen, la precariedad se ha vuelto a configurar como una de las lacras del periodismo”, dixo.

O novo presidente da FAPE lembrou como a coincidencia do cambio de modelo (do soporte papel ao soporte dixital) coa crise da Gran Recesión desatara unha cadea de adversidades que logo aumentaron coa pandemia e que conlevaron a caída drástica da publicidade, principal fonte de ingresos.

Este cúmulo de circunstancias, segundo explicou, deron lugar a axustes de plantillas e recortes salariais, contratacións á baixa, redución da independencia e, en paralelo, a malas prácticas xornalísticas (desinformación, trincheirismo, discriminación…) derivadas da proliferación de medios dixitais e do abuso das redes sociais. “El todo vale que practican alguno de esos medios (o pseudomedios) y la interpretación errónea de las redes sociales, que hacen creer a muchos ciudadanos que pueden hacer pinitos periodísticos con un tuit, ha fomentado un mal de esta época: las noticias falsas, que lamentablemente arrastran a otros medios más serios”, claudicou.

Noceda tamén denunciou o fomento de campañas de intimidación co “objetivo perverso” de facer calar aos xornalistas, “lo que redunda en silenciar informaciones y la autocensura y, en definitiva, la erosión de la democracia”.

Tras sinalar que unha recente enquisa publicada polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) revelou que o 11,4% da poboación culpa aos xornalistas da crispación (e non é un consolo que aos políticos lles atribúan un 54%), afirmou que “hace falta impulsar una regeneración ética del periodismo para recuperar la confianza de los ciudadanos y garantizar el derecho a la información”. “Tenemos como asignatura pendiente reducir ese porcentaje y hacer que los ciudadanos crean que merece la pena pagar por la información que reciben, ya sea por medios digitales o tradicionales”, engadiu.

Miguel Ángel Noceda non quixo rematar a súa primeira intervención coma presidente da FAPE sen facerlles unha homenaxe aos xornalistas que cobren a guerra de Ucraína, e sobre todo, aos que perderon a vida, ao igual que tamén quixo homenaxear aos xornalistas mexicanos, que sofren a cotío o acoso e entre os que moitos pagan coa morte o exercicio da palabra.

Hace unos años, la FAPE eligió un acertado eslogan: Sin periodismo no hay democracia. De eso se trata”, concluíu.

NOVA XUNTA DIRECTIVA

Ademais do presidente, Miguel Ángel Noceda, á nova Xunta Directiva da FAPE incorpóranse tamén os xornalistas Amancio Fernández Rodríguez, coma secretario xeral; Francisco Javier Galán Gamero, coma tesoureiro e Ana Isabel Díaz Navarrete, coma vogal. A anterior secretaria xeral, María Jesús Chao Álvarez de la Sierra, pasa a ocupar a Vicesecretaría.

Mantéñense nos seus cargos os tres vicepresidentes: primeiro, Aurelio Martín González; segunda, Carolina Fernández García e terceira, Noa de la Torre Alfaro e coma vogais, Esther Aniento Idoype, Lola Gallardo Ceballos e Luís Menéndez Villalba.

SOBRE MIGUEL ÁNGEL NOCEDA

Nado en Comillas (Cantabria), é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid (UCM).

Especializado en información económica, comezou na revista Mercado en 1979. En 1985 pasou ao diario económico Cinco Días e en 1988 formou parte do equipo fundador de La Gaceta de los Negocios.

Dende outubro de 1989 ata xaneiro de 2022, formou parte da plantilla de El País, onde ten sido redactor xefe e corresponsal de Economía.

Presidiu a Asociación de Xornalistas de Información Económica (APIE) entre 2002 e 2007.

Dirixe os cursos de Economía para xornalistas da Universidade Internacional Menéndez Pelayo e o máster de Economía que organiza a APIE.

Ten escrito os libros Radiografía del empresariado español (Catarata) e La economía de la democracia, este último en colaboración cos exministros Carlos Solchaga, Pedro Solbes e Luis de Guindos.

Recibiu o premio Carlos Humanes de Xornalismo Económico en 2019.

É directivo da Asociación da Prensa de Madrid dende maio de 2008 e ocupa a Vicepresidencia Terceira para Asuntos Económicos desta organización dende decembro de 2011.

https://fape.es/miguel-angel-noceda-nuevo-presidente-de-la-fape/

 


search
Copyright ©2022 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras