Dominique Pradalié, nova presidenta da FIP

 

BRUXELAS, 2 DE XUÑO DE 2022. A xornalista francesa Dominique Pradalié, do Sindicato Nacional de Xornalistas (SNJ), ten sido elixida presidenta da Federación Internacional de Xornalistas (FIP) o 3 de xuño de 2022, no 31º Congreso da Federación, celebrado en Mascate (Omán). Tras seis anos no Comité Executivo, Dominique Pradalié sucede agora ao marroquí Younes Mjahed. 

 

Xornalista e sindicalista, Pradalié traballou durante toda a súa carreira na radiotelevisión pública francesa, desde a ORTF (Office de Radiodiffusion Télévision Française) hasta France Télévisions. Ademais, foi redactora xefa do informativo nocturno de France 2. 

 

Ao mesmo tempo que exercía a súa carreira de xornalista, Pradalié tamén participaba nas actividades sindicais de xeito voluntario. En particular, desempeñou varios mandatos de representación de xornalistas en France Télévisións: delegada do persoal, membro do comité de empresa e representante sindical na empresa.

 

Dentro do sindicato, foi elixida a nivel rexional (sección de lle de France) e nacional coma Secretaria Xeral e portavoz do SNJ ata 2021, encargada das cuestións xurídicas e internacionais. Actualmente, forma parte do Comité Nacional do SNJ, o parlamento do sindicato, e é membro do Comité Executivo da FIP dende o Congreso de Angers (2016), tras ser reelixida no Congreso de Túnez (2019). 

 

Tamén é membro da Comisión Superior da Tarxeta de Identidade dos Xornalistas Profesionais (CCIJP) ata 2021 e actualmente é tesoureira adxunta do Consello de Deontoloxía e Mediación Xornalística (CDJM) e administradora da Casa dos Denunciantes de París, organizacións das que o SNJ é cofundador, e de varias asociacións de defensa dos xornalistas. Tamén é asesora da Comisión Arbitral de Xornalistas, unha xurisdicción específica para a profesión en Francia. 

 

Dende 1926, cando se fundou a FIP en París, Pradalié é a segunda muller que a preside, despois da xornalista belga Mia Doornaert (1986-1990). O seu mandato exténdese ata 2026, cando a FIP celebrará o seu centenario. 

 

Pradalié ten declarado: "A miña elección á presidencia da FIP xenérame un gran orgullo pola honra que se lle fai a Francia. A liberdade de prensa está sendo atacada en todo o mundo e os xornalistas son as primeiras víctimas. Pero son os cidadáns os máis penalizados, porque as democracias xúlganse pola calidade dos seus medios de comunicación e de información, que debe ser honesta, completa, independente e pluralista". 

 

Pradalié tamén dixo que a Convención da FIP contra a Impunidade dos Asasinos de Xornalistas debería ser adoptada pola Asemble Xeral da ONU: "A soliedariedade e a acción colectiva deben multiplicarse en todas as partes para promover e lembrar a misión e o papel dos xornalistas na sociedade".

 

Anthony Bellanger, Secretario Xeral da FIP, declarou: "Coñezo a Dominique dende hai moitos anos, fumos activistas xuntos no SNJ, e o seu compromiso coa causa dos xornalistas en Francia e en todo o mundo é ben coñecido. Nunca contou as horas para defender aos máis precarios e é unha desas activistas voluntarias experimentadas e en contacto coa realidade social que a FIP necesita".

 

A Federación Internacional de Xornalistas (FIP) é a maior organización mundial de xornalistas. Fundada en 1926, na actualidade representa a uns 600.000 xornalistas organizados en máis de 187 sindicatos e asociacións en máis de 146 países.


 

Para máis información, contactar coa FIP:

Tel.: + 32 (0)2 235 22 16
Mob.: + 32 (0)47 913 86 82
E-mail: 
iEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

 

 

 

search
Copyright ©2022 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras