A FAPE estará na Directiva da Federación Internacional de Xornalistas nos vindeiros catro anos

O seu representante, Luís Menéndez, co apoio do resto das organizacións españolas, foi elixido polo periodo 2022-26. María Ángeles Samperio, tamén en representación da Federación da Asociacións de Xornalistas de España, ten sido reelixida coma presidenta do Consello de Xénero da FIP

 

Menéndez, Pradalié y Samperio en Omán. 

 

 

MUSCAT (OMÁN), 3 DE MAIO DE 2022.- O representante español no Congreso Mundial da Federación Internacional de Xornalistas (FIP), Luís Menéndez, da Federación de Asociacións de Xornalistas de España (FAPE), co apoio do resto das organizacións españolas (FeSP, CCOO, UXT e a central vasca ELA), foi elixido para o Comité Directivo para o periodo 2022-26, despois das eleccións celebradas hoxe na capital de Omán, Muscat.

 

Menéndez conqueríu un destacado resultado cun total de 196 votos, quedando en terceiro lugar entre os 16 membros electos e sendo o primeiro europeo. Por diante quedaron as xornalistas representantes de Canadá, Jennifer Moreau, e Brasil, María José Braga. O Comité Directivo, que comandará a FIP ata o seu centenario, en 2026, en París, terá tamén representantes de Colombia, Alemania, Estados Unidos, Italia, Panamá, Camerún, Somalia, Líbano, Túnez, Kuwait e Angola.

 

A presidencia da FIP recaeu finalmente, no día de onte, na francesa Dominique Pradalié, quen obtivo un moi maioritario apoio dos preto de 400 delegados de todo o mundo que asistiron ao Congreso.

 

No 31º Congreso da FIP tamén se aprobou por unanimidade unha moción promovida pola FAPE contra a polarización política e mediática.

 

Ao éxito da FAPE en Omán súmase a reelección, nos pasados días, de María Ángeles Samperio coma presidenta do Consello de Xénero.

 

Nova Directiva da FIP. 

 

 

A Federación Internacional de Xornalistas (FIP) é a maior organización mundial de xornalistas. Fundada en 1926, na actualidade representa a uns 600.000 xornalistas organizados en máis de 187 sindicatos e asociacións en máis de 146 países.


 

Para máis información, contactar coa FIP:

Tel.: + 32 (0)2 235 22 16
Mob.: + 32 (0)47 913 86 82
E-mail: 
iEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


search
Copyright ©2022 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras