A APSC LAMENTA O PASAMENTO DE ALEJANDRO ARMESTO, XORNALISTA COMPOSTELÁN UNIVERSAL

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) lamenta o falecemento, esta fin de semana, en Santiago, do xornalista  Alejandro Armesto Buz, que nacera na nosa cidade en 1925  e tivera unha longa traxectoria profesional.

En Galicia, exercera como redactor xefe de El Progreso de Lugo e de subdirector de La Hoja del Lunes desa cidade, posteriormente ostentaría diversos cargos profesionais enFaro de Vigo. En Madrid, foi director xerente da Axencia EFE, entre 1969 e1976, tamén desenvolveu labores como conselleiro diplomático en Italia e, en 1980, trasladouse aos EUA onde foi consultor de News International do grupo Murdoch. Tamén foi profesor da Escola Oficial de Periodismo e vicepresidente da Asociación da Prensa de Madrid-FAPE. Obtivo por dúas veces o Premio Nacional de Xornalismo.

Os xornalistas composteláns amosan o seu pesar a familiares, amigos e compañeiros de Alejandro Armesto, que residía nesta súa cidade de nacencia desde a súa xubilación e que cedera súa voluminosa biblioteca á Cidade da Cultura de Galicia. Descanse en paz.

A APSC chama á sociedade para que se comprometa na defensa da lingua galega

Defender o Galego é defender o noso futuro

No día do Patrón dos Xornalistas, San Francisco de Sales, a APSC, obedecendo mandato asambleario, realizou unha camiñada reivindicativa a prol do idioma galego no último tramo do Camiño de Santiago, esoutro valor cultural universal que tamén merece respecto.

Ler máis: A APSC chama á sociedade para que se comprometa na defensa da lingua galega

A APSC amosa a súa máis sentida condolencia polo pasamento de José Luis Alvite

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) amosa o seu pesar polo pasamento de José Luis Alvite, ao tempo que envía a súa máis sentida condolencia á familia do xornalista.

José Luis Rey Alvite, nado en Santiago no ano 1940, foi membro dunha ilustre saga xornalística en Compostela. Escribiu para diversos medios galegos e nacionais como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Diario 16, Faro de Vigo, La Opinión de A Coruña, La Nueva España e La Razón. Tamén colaborou con Radio Nacional, Onda Cero. Tamén publicou diversos libros onde recopilou os seus artigos e columnas publicadas nos distintos diarios. Sempre estivo vencellado a nosa cidade.

Descanse en paz.

A ASOCIACIÓN DE PERIODISTAS DE SANTIAGO CELEBRA O PATRÓN CUNHA CAMIÑADA A PROL DO GALEGO

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) celebrará este sábado 24 de xaneiro, día do Patrón da profesión, San Francisco de Sales, cunha camiñada reivindicativa no último tramo Camiño de Santiago, desde o Monte do Gozo (11:30 horas) ata a Praza do Obradoiro, onde está prevista a chegada ás 13:00 horas.

Ler máis: A ASOCIACIÓN DE PERIODISTAS DE SANTIAGO CELEBRA O PATRÓN CUNHA CAMIÑADA A PROL DO GALEGO

HOMENAXE DE DESPEDIDA A BALDOMERO CORES EN CEE

No peirao de Cee tivo lugar a derradeira homenaxe a Baldomero Cores Trasmonte, socio de Honra e directivo da Asociación de Periodistas de Santiago, recentemente falecido.

Un centenar de persoas representantes da familia, do concello de Cee, da avogacía e do mundo do xornalismo, do folklore galego, asi como amigos e seguidores da que fora a súa ampla e extensa obra reunironse lembrando a súa prolífica labor a prol de Galicia en numerosos campos do saber desde o xurídico ao xornalístico, dende a investigación ata a socioloxía. Membros da directiva da APSC acodiron o acto e o seu presidente Luís Menéndez (na foto 1) pronunciou unhas palabras na súa memoria e o puxo como exemplo para as novas xeracións de xornalistas. Posteriormente, as súas cinzas foron depositadas, con ramos de flores, nas augas atlánticas entre os barcos de pesca e cando xa abeiraba o lusco-fusco do solpor


search
Copyright ©2018 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras