A APSC amosa a súa máis sentida condolencia polo pasamento de José Luis Alvite

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) amosa o seu pesar polo pasamento de José Luis Alvite, ao tempo que envía a súa máis sentida condolencia á familia do xornalista.

José Luis Rey Alvite, nado en Santiago no ano 1940, foi membro dunha ilustre saga xornalística en Compostela. Escribiu para diversos medios galegos e nacionais como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Diario 16, Faro de Vigo, La Opinión de A Coruña, La Nueva España e La Razón. Tamén colaborou con Radio Nacional, Onda Cero. Tamén publicou diversos libros onde recopilou os seus artigos e columnas publicadas nos distintos diarios. Sempre estivo vencellado a nosa cidade.

Descanse en paz.

HOMENAXE DE DESPEDIDA A BALDOMERO CORES EN CEE

No peirao de Cee tivo lugar a derradeira homenaxe a Baldomero Cores Trasmonte, socio de Honra e directivo da Asociación de Periodistas de Santiago, recentemente falecido.

Un centenar de persoas representantes da familia, do concello de Cee, da avogacía e do mundo do xornalismo, do folklore galego, asi como amigos e seguidores da que fora a súa ampla e extensa obra reunironse lembrando a súa prolífica labor a prol de Galicia en numerosos campos do saber desde o xurídico ao xornalístico, dende a investigación ata a socioloxía. Membros da directiva da APSC acodiron o acto e o seu presidente Luís Menéndez (na foto 1) pronunciou unhas palabras na súa memoria e o puxo como exemplo para as novas xeracións de xornalistas. Posteriormente, as súas cinzas foron depositadas, con ramos de flores, nas augas atlánticas entre os barcos de pesca e cando xa abeiraba o lusco-fusco do solpor

La Asociación de Periodistas de Santiago se suma a la condena el asesinato de los periodistas en el ataque a Charlie Hebdo

La FIP, y con ella la APSC, condena el asesinato de los periodistas en el ataque a Charlie Hebdo

La Federación Internacional de Periodistas (FIP) se ha unido a sus afiliados franceses – SNJ, SNJ-CGT y CFDT –, y junto con ellos nosotros desde la Asociación de Periodistas de Compostela, en la condena del tiroteo que tuvo lugar ayer en las oficinas de la revista satírica francesa Charlie Hebdo en París, en el cual varios periodistas fueron asesinados.

Ler máis: La Asociación de Periodistas de Santiago se suma a la condena el asesinato de los periodistas en...

HOMENAXE A BALDOMERO CORES EN CEE

O sábado, día 10 de xaneiro,  ás 18 horas, terá lugar, no Paseo Marítimo de Cee (A Coruña), unha homenaxe en memoria do xornalista, escritor, xurista e socio de honor da Asociación de Periodistas de Santiago, Baldomero Cores Trasmonte, recentemente falecido.

Ler máis: HOMENAXE A BALDOMERO CORES EN CEE


search
Copyright ©2019 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras