Privilexios do Socio

Privilexios do Socio

 

 

Importantes descontos en carburantes para os socios da APSC
 
  
 
 
Os socios da APSC poden dispoñer desta tarxeta de desconto en carburantes nas Estacións de Servizo SBC coas que a APSC estableceu un convenio e que están situadas en:
 
        –Santiago:      C/Cruceiro da Coruña, 228.
        –A Coruña:      C/Severo Ochoa, 39. Poligono de A Grela
        –Ribeira:         Poligono de Xaras, parc.101.
 
SBC Gasolineras proporciona o mellor prezo no mercado actualmente na nosa zona, pero como COLECTIVO PERIODISTAS SANTIAGO tés a maiores un desconto adicional por litro de DOUS CÉNTIMOS DE EURO (0,02 €) en gasóleo de automoción e UN CÉNTIMO DE EURO (0,01 €) por litro en gasolina sen chumbo de 95 octanos.
 
SE NON DISPOÑES DA TARXETA SOLICÍTAA NA ASOCIACIÓN !!



 
Hotel Porto Meloxo
 
Os asociados á Asociación de Periodistas de Santiago e os seus familiares poderán beneficiarse do mesmo prezo reducido que os abonados ao Multiusos do Sar de Santiago nos cursos náuticos que se celebran nesta instalación compostelá ao longo do ano.  Estes cursos, ademais de habilitar oficialmente para o manexo de embarcacións de lecer e ser valorados en moitas empresas, proporcionan aos compañeiros xornalistas uns coñecementos náuticos case imprescindibles nun país como Galicia no que as informacións marítimas ou referenciadas ao mar ocupan un considerable espazo nos medios de comunicación. 
 
ADEMAIS  destas opcións, aqueles que teñan problemas de desprazamento para acudir ás clases presenciais poden realizar os cursos de PER, PNB (Patrón para a Navegación Básica) e Titulín (Autorización Federativa) só por internet inscribíndose en calquera momento a traveso da páxina web www.portomeloxo.com   
 
 
 
Hotel Talaso Atlántico
 
 

Cuartos:
10% de desconto sobre os seguintes servizos ( non se inclúen bebidas):
– Estancias  con almorzo, media pensión ou pensión completa;
– Programas completos (Posta en Forma, Cura Oceánica, etc.), que inclúen
– Cuartos, alimentacións e tratamentos.

Servizos de Talasoterapia:
10% de desconto en calquera tratamento individual do Centro de Talasoterapia.
– Tarifa especial no Tour Mariño (piscina de auga de mar, jacuzzi, sauna seca e húmida.
– De luns a venres (excepto festivos): 12€ (por persoa e entrada con IVE incluído);
– Sábados, domingos e festivos: 18€ (por persoa e entrada con IVE incluído).

Restaurante: 
– 10% de desconto no restaurante á Carta.

Estes descontos son aplicables de luns a domingo, durante a temporada baixa.

Para máis información ir ao artigo: O primeiro centro de talasoterapia de Galicia asina un convenio coa APSC con descontos para socias/os

 
 
 

 
E por ser socio de APSC-FAPE tes tamén os seguintes descontos e ofertas.
 
Mira aquí: