OS XORNALISTAS HONRARON O SEU PATRON CUN ACTO FÚNEBRE E SOLIDARIO EN MEMORIA DOS MEDIOS DESAPARECIDOS E DOS XORNALISTAS EN PARO
OS XORNALISTAS HONRARON O SEU PATRON CUN ACTO FÚNEBRE E SOLIDARIO EN MEMORIA DOS MEDIOS DESAPARECIDOS E DOS XORNALISTAS EN PARO
Posteriormente celebraron co Ateneo de Santiago un acto cultural na lembranza do sobranceiro xornalista compostelano Alfredo Vicenti
Santiago, 24.01.2018.- Na celebración de San Francisco de Sales, patrón dos Xornalistas, un grupo de asociados daAPSC (Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela-FAPE) reuníuse diante da talla do Santo ubicada na igrexa da Universidade para depositar unha coroa fúnebre en memoria dos “medios mortos e desaparecidos durante a crise”.
O acto servíu de homenaxe á aportación o xornalismo durante décadas de medios como A Nosa Terra, Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, V Televisión, Vieiros e outros medios non galegos como a revista Interviú ou o semanario Tiempo, todos elas portadas xa inexistentes, coa conseguinte perda de postos de traballo. No transcurso da cerimonia, o presidente da APSC, Luís Menéndez, leeu unha “Letanía e Invocación” ao Santo na que criticou a utilización espúrea do xornalismo e dos xornalistas e elevou pregarias “para que os xornalistas volvan ser libres, responsables e independentes nunha sociedad desenvolvida, aberta e madura”. O acto foi apoiado tamén polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG).
Ler máis: OS XORNALISTAS HONRARON O SEU PATRON CUN ACTO FÚNEBRE E SOLIDARIO EN MEMORIA DOS MEDIOS...