A APSC VOLVE A EXECUTIVA ESPAÑOLA DE PERIODISTAS NA CANDIDATURA DE NEMESIO RODRIGUEZ, NOVO PRESIDENTE DE FAPE EN SUBSTITUCION DE ELSA GONZALEZ
A asemblea de Fape, celebrada en Salamanca, aprobou a celebración da súa Asemblea Anual en Santiago de Compostela no ano 2021, coincidindo coa celebración do Xacobeo.
Salamanca, 15.04.2018.- Por 328 votos a favor, 181 en contra e 31 abstencións a candidatura presidida por Nemesio Rodriguez (Ferrol, 1950), da Asociación da Prensa de Madrid (APM) foi a gañadora da LXXIX asamblea nacional da FAPE (Federacion de Asociacións de Periodistas de España) celebrada este fin de semana na cidade de Salamanca. A lista de Rodriguez impúsose con claridade á presentada por Javier Martín Domínguez, presidente do Club Internacional de Prensa de Madrid.
A candidatura de Rodriguez, para o periodo 2018-22, conta na súa directiva co presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), Luís Menéndez (Ourense, 1959), como delegado para as relacións internacionais, cargo que tamén ostentaba coa anterior presidenta Elsa González, que deixa a presidencia da FAPE despois de oito anos. Forman parte tamén da nova dirección dos xornalistas españois Aurelio Martin (APde Segovia), Carolina Fernández (AP de Sevilla), Noa de la Torre (Unió de Periodistas Valenciáns), Esther Aniento (Ap de Aragón), Lola Ceballos (AP Cantabria), Mar Corral e Carlos Sanz (AP de Guadalajara) e os membros da Asociación da Prensa de Madrid, Maria Jesús Chao e David Corral.
Ler máis: A APSC VOLVE A EXECUTIVA ESPAÑOLA DE PERIODISTAS NA CANDIDATURA DE NEMESIO RODRIGUEZ, NOVO...