O CiPG acollerá mañá martes 20 en Santiago de Compostela o I Foro de Turismo Sostible

Santiago de Compostela, 19-12-2022.- O Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG), ubicado no número 9 da Rúa Nova, acollerá mañá martes, 20 de decembro, o I Foro de Turismo Sostible, ao que acudirán profesionais e expertos do sector.

O evento, con entrada libre e gratuíta, comezará ás 16.30 horas, cun relatorio a cargo do catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé Manuel Santos Solla, experto en desenvolvemento de turismo urbano. O académico, que vai ser presentado pola Directora Xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil Millarengo, analizará o concepto de sustentabilidade turística.

Ás 17.30 horas, despois da pausa para o café, desenvolverase unha mesa redonda sobre as múltiples dimensións da sustentabilidade turística. Participarán nela a presidenta da Asociación Slow Food Compostela, Leonor Lorenzo; o presidente da Asociación de Hostalería de Compostela, Thor Rodríguez; o presidente da Asociación de Veciños da Cidade Histórica de Santiago, Roberto Almuíña e o máximo representante da Asociación Profesional de Turismo da Costa da Morte (APTCM) e empresario de turismo sostible, Pepe Formoso.

A clausura do evento a cargo dos organizadores e das autoridades está prevista para as 19 horas. O Concello de Santiago, Turismo Sustentable e Santiago de Compostela Turismo figuran entre os membros da organización do foro, xunto á Asociación de Periodistas de Santiago e o Centro Internacional de Prensa de Galicia.

Os interesados en asistir poden tamén reservar a súa praza mediante o seguinte formulario https://forms.gle/wDkyTbPS1ph2pbzc8.

Ademais, o evento vaise transmitir en streaming mediante o enlace: https://www.youtube.com/channel/UCNbDnQtQboaIfIE7hfj_nog.

Deixa unha resposta