O interese polas gárgolas de Compostela encheu o Centro Internacional de Prensa de Galicia

Máis de centenar e medio de persoas acudiron ao CiPG para ver a presentación deste libro editado polo Consorcio de Santiago e a Editorial Alvarellos

Este xoves tivo lugar no Centro Internacional de Prensa de Galicia, cunha afluencia de máis de 150 persoas, que fixo que o salón quedase pequeno, a presentación do libro Gárgolas de Compostela, de Benxamín Vázquez, con fotografías de Xaime Cortizo.

No acto estiveron presentes o autor o libro, Benxamín Vázquez; Xaime Cortizo, responsable de fotografía da obra; Belén Hernández, presidenta do Consorcio de Santiago; Henrique Alvarellos, director da editorial Alvarellos, e Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago de Compostela.

O autor do libro, que durante máis de 30 anos estudou en profundidade as gárgolas e quimera da cidade monumental. Calificou o valor artístico destas obras como “caprichos de canteiro” e que fan da Compostela descoñecida a grande fase de Valle-Inclán, que a titulou como unha cidade, que “non é antiga, senón eterna”.