O libro histórico Sagas empresariais de Santiago reflicte o espiritu comerciante das familias emprendedoras no pasado da capital galega
Con enorme interese e grande afluencia de público, que encheu o salón de actos do Centro Internacional de Prensa de Galicia, presentouse onte unha publicación multidisciplinar promovida polo Consorcio de Santiago e que leva por titulo “Sagas empresariais de Santiago”, unha coidada edición a cargo dos profesores e historiadores Miguel Cabo e Rafael García.
A obra está resumida en 15 capitulos con cadanseu autor especialista en diversas actividades que tiveron por centro Santiago de Compostela desde os comenzos das epocas industrializadoras do seculo XIX. Así, resulta moi interesante a procedencia de familias emprendedoras procedentes doutros lugares de España, como antigamente desde o Pais Basco, e despois os rioxanos das serra de los Cameros, ou casteláns que se dedicaron a negocios en diferentes sectores como os curtidos, os prateiros, a enerxía do gas, a explotación do wolframio, os aserradoiros, ou as industrias farmaceúticas e a propia industria da repostería.
Familias como os Harguiney, os Simeon, os Garcia de la Riba, os Otero, os Bescansa, ou Castromil, por citar algúns, teñen amplas referencias nesta escolma histórica. Tamén é salientable o impacto –con diferencias e desconfianzas- coma comentara Manuel Murguía- coa burguesía e as clases establecidas de antergo na cidade.