O xornalista e escritor José Francisco Rodil Lombardía presenta este mércores no CiPG a súa novela ‘Sentencia’
A obra está baseada en feitos reais e relata o complot urdido en 1936 contra o doutor Rafael de Vega Barrera, cirurxán republicano que exerceu en Lugo, onde foi pioneiro en practicar o dereito universal á sanidade pública
Santiago de Compostela, 12, 12, 2022-. O xornalista e escritor José Francisco Lombardía, presentará este mércores, día 14, ás 19.00 horas, no Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG) a súa novela ‘Sentencia’, na que relata o complot urdido en 1936 contra o cirurxán Rafael de Vega Barrera, que exerceu en Lugo, onde foi pioneiro en practicar o dereito universal á sanidade pública. Na presentación, o autor estará acompañado do vicepresidente do Ateneo de Santiago, Francisco Candela, xa que esta entidade organiza o evento, así como tamén do neto do doutor protagonista da obra, Rafael Pérez de Vega.
De Vega foi impulsor e director do novo hospital municipal e do seu propio sanatorio, ademais de deputado ás Cortes Xerais pola circunscripción lucense. Ao inicio da Guerra Civil, os golpistas encarcelárono e sometérono a un xuízo sumarísimo. O fiscal pediu para el a pena de morte e a defensa, a súa absolución. A sentenza non deixou a ninguén indiferente.
Autor
José Francisco Rodil Lombardía naceu en Santa Eulalia de Oscos (Asturias). Vivíu en Madrid, Oviedo e Santiago de Compostela, cidade na que reside actualmente. Xornalista e escritor, é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Iniciouse no xornalismo na axencia de información Mencheta. Traballou coma redactor no diario Informaciones, no departamento de prensa do Ministerio de Administración Territorial, en El Correo Gallego e na Televisión de Galicia, onde, entre outras responsabilidades, desempeñou o cargo de director xerente. Foi asimesmo xefe do control de cadena da Corporación Radio e Televisión de Galicia, director de La Voz de Asturias e delegado do Grupo Z no Principado. Na actualidade, retirado do xornalismo de batalla, é vogal da Comisión de Garantías da FAPE (Federación de Asociacións de Xornalistas de España). Premio Galicia de Xornalismo, dirixiu e guionizou un bo número de programas e series documentais de televisión. De igual xeito, como columnista de opinión, colabora en distintos xornais e revistas.
Como escritor ten publicado Sin máscara: relatos del periodismo de camuflaje (Tris Tram, 1999), El señor del Senescal (Madú, 2003), Memorias del valle escondido: narraciones y leyendas de Santalla de Oscos (CH, 2008), La noche de las luminarias (Velasco, 2018), Los prodigios de Gillingham (Velasco, 2021) y la presente Sentencia (Velasco, 2022).