O xornalista e escritor José Francisco Rodil Lombardía presentou este mércores no CiPG a súa novela ‘Sentencia’
A obra está baseada en feitos reais e relata o complot urdido en 1936 contra o doutor Rafael de Vega Barrera, cirurxán republicano que exerceu en Lugo, onde foi pioneiro en practicar o dereito universal á sanidade pública
Santiago de Compostela, 14, 12, 2022-. O xornalista e escritor José Francisco Rodil Lombardía, presentou este mércores, día 14, no Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG) a súa novela ‘Sentencia’, na que relata o complot urdido en 1936 contra o cirurxán Rafael de Vega Barrera, que exerceu en Lugo, onde foi pioneiro en practicar o dereito universal á sanidade pública. Na presentación, o autor estivo acompañado do vicepresidente do Ateneo de Santiago, Francisco Candela, xa que esta entidade organizou o evento, así como tamén do neto do doutor protagonista da obra, Rafael Pérez de Vega.
De Vega foi impulsor e director do novo hospital municipal e do seu propio sanatorio, ademais de deputado ás Cortes Xerais pola circunscripción lucense. Ao inicio da Guerra Civil, os golpistas encarcelárono e sometérono a un xuízo sumarísimo. O fiscal pediu para el a pena de morte e a defensa solicitou a súa absolución. A sentenza non deixou a ninguén indiferente.ç