Rolda de prensa Nunca Máis no 20 aniversario da manifestación en Santiago
A Plataforma Nunca Máis convocou unha rolda de prensa o pasado 1 de decembro no CiPG
conmemorando o vinte aniversario da manifestación contra o vertido do Prestige fronte as
costas galegas e que reuníu en Santiago unha das marchas máis masivas na capital
galega, populamente chamada “a mani dos paraugas” pola cantidade de choiva caída. Os
compoñentes da Plataforma afirmaron que naquela altura o pobo galego “manifestou a súa
dignidade diante do desastre ecolóxico e a inoperancia dos responsables políticos”.