Servizos

Para ser socio ou socia da Asociación de Periodistas de Santiago (APSC) de Compostela é necesario ser xornalista titulado* e remitir a seguinte documentación a través de correo electrónico ou ordinario:

  • Formulario de ingreso na APSC Descarga en  –  – 
  •  Formulario de ingreso na Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE). (Descarga en 
  • -Dúas fotocopias ou escaneado do DNI (anverso e reverso)
  • Dúas fotografías tamaño carné
  • -Fotocopia ou escaneado do título de licenciatura compulsado
  • -Breve Currículum Vitae
  • Documento de domiciliación bancaria: (co nº de conta para cobrar as cuotas)

Enderezo postal a onde dirixir a solicitude:

  • Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela
  • Rua Nova, 9
  • 15705 Santiago de Compostela

Enderezo electrónico para asociarse online:

cipdegalicia@gmail.com

Política de privacidade e protección de datos:

Pulse aquí para acceder ao documento sobre privacidade e protección de datos de carácter persoal.

Datos de interese antes de asociarse:

-Cotas de socio/a:

Tipo de socio/a

 
 

Mensualidade
*1

 

Alta en FAPE

Carné de xornalista FAPE
(tramitación ou renovación)

Xornalista en activo

5 €

7,5 €

5 €

Xornalista en paro*2

0 €

7,5 €

5 €

Xornalistas xubilados/as

0 €

7,5 €

5 €

Preasociados/as*3(estudantes de segundo ciclo de Xornalismo)

1 €

–*

–*

*1 As cotas cóbranse por semestres, en xullo e en decembro de cada ano.

 *2 A situación de desemprego é imprescindible acreditala coa tarxeta do SEPE.

*3 Os preasociados e preasociadas non poderán obter o carné de xornalista ata a súa graduación, pero mentres poden gozar de varios servizos da APSC (ver servizos)

Carnés oficiais aos que se pode acceder:

  • Carné de xornalista: carné que tramita a FAPE. Inscribirse nela a través da APSC. Acredita o/a titular a nivel nacional e permítelle acceder a todos os beneficios, convenios e servizos da  APSC  e FAPE.
  • International Press Card: carné internacional que concede a International Federation of Journalists (IFJ). Acredita o/a titular como xornalista a nivel internacional facilitándolle o desempeño do seu labor en todo o mundo. Tramítase a través da APSC/FAPE e para obtelo é necesario estar en posesión do carné de xornalista (Solicitude/renovación)

Os/as socios/as teñen acceso a:

 

Carné de xornalista: carné gratuíto que concede o Rexistro Profesional de Periodistas ao inscribirse na FAPE a través dunha das asociacións federadas, como a APSC. Acredita o/a titular a nivel nacional e permítelle acceder a todos os beneficios, convenios e servizos da Federación e da Asociación.

International Press Card: carné internacional que concede a International Federation of Journalists (IFJ). Acredita o/a titular como xornalista a nivel internacional facilitándolle o desempeño do seu labor en todo o mundo. Tramítase a través da APSC e para obtelo é necesario estar en posesión do carné de xornalista.

Servizos da Asociacíon

   

  Pode ver todos os servizos da asociación clicando sobre o seguinte enlace, que o levará directamente a páxina web da FAPE

 

 

               

Importantes descontos en carburantes para os socios da APSC
 
  
 
 
Os socios da APSC poden dispoñer desta tarxeta de desconto en carburantes nas Estacións de Servizo SBC coas que a APSC estableceu un convenio e que están situadas en:
 
        –Santiago:      C/Cruceiro da Coruña, 228.
        –A Coruña:      C/Severo Ochoa, 39. Poligono de A Grela
        –Ribeira:         Poligono de Xaras, parc.101.
 
SBC Gasolineras proporciona o mellor prezo no mercado actualmente na nosa zona, pero como COLECTIVO PERIODISTAS SANTIAGO tés a maiores un desconto adicional por litro de DOUS CÉNTIMOS DE EURO (0,02 €) en gasóleo de automoción e UN CÉNTIMO DE EURO (0,01 €) por litro en gasolina sen chumbo de 95 octanos.
 
SE NON DISPOÑES DA TARXETA SOLICÍTAA NA ASOCIACIÓN !!



 
Hotel Porto Meloxo
 
Os asociados á Asociación de Periodistas de Santiago e os seus familiares poderán beneficiarse do mesmo prezo reducido que os abonados ao Multiusos do Sar de Santiago nos cursos náuticos que se celebran nesta instalación compostelá ao longo do ano.  Estes cursos, ademais de habilitar oficialmente para o manexo de embarcacións de lecer e ser valorados en moitas empresas, proporcionan aos compañeiros xornalistas uns coñecementos náuticos case imprescindibles nun país como Galicia no que as informacións marítimas ou referenciadas ao mar ocupan un considerable espazo nos medios de comunicación. 
 
ADEMAIS  destas opcións, aqueles que teñan problemas de desprazamento para acudir ás clases presenciais poden realizar os cursos de PER, PNB (Patrón para a Navegación Básica) e Titulín (Autorización Federativa) só por internet inscribíndose en calquera momento a traveso da páxina web www.portomeloxo.com   
 
 
 
Hotel Talaso Atlántico
 
 

Cuartos:
10% de desconto sobre os seguintes servizos ( non se inclúen bebidas):
– Estancias  con almorzo, media pensión ou pensión completa;
– Programas completos (Posta en Forma, Cura Oceánica, etc.), que inclúen
– Cuartos, alimentacións e tratamentos.

Servizos de Talasoterapia:
10% de desconto en calquera tratamento individual do Centro de Talasoterapia.
– Tarifa especial no Tour Mariño (piscina de auga de mar, jacuzzi, sauna seca e húmida.
– De luns a venres (excepto festivos): 12€ (por persoa e entrada con IVE incluído);
– Sábados, domingos e festivos: 18€ (por persoa e entrada con IVE incluído).

Restaurante: 
– 10% de desconto no restaurante á Carta.

Estes descontos son aplicables de luns a domingo, durante a temporada baixa.

Para máis información ir ao artigo: O primeiro centro de talasoterapia de Galicia asina un convenio coa APSC con descontos para socias/os

 
 
 

 
E por ser socio de APSC-FAPE tes tamén os seguintes descontos e ofertas.
 
Mira aquí: