Xaquín del Valle-Inclán presenta unha nova edición do libro “La España Tradicional” no Centro Internacional de Prensa de Galicia

Este martes, día 19 de decembro, O Foro Galicia e Valle-inclán organiza a presentación da segunda das súas publicacións, “La España Tradicional”, no Centro Internacional de Prensa de Galicia.

O principal obxectivo desta entidade sen ánimo de lucro de ámbito galego é promover e divulgar a obra de Ramón Valle-Inclán. Así, presentan «La España Tradicional», unha colección de textos literarios escritos por Ramón María del Valle-Inclán, centrados nun tema de gran interese para o autor: as guerras carlistas.

A edición presentada foi realizada por Xaquín del Valle-Inclán Alsina, neto do autor e especialista recoñecido no estudo da obra de Valle-Inclán, que ofrecerá aos participantes unha valiosa síntese de datos inéditos e contrastado fruto das súas investigacións.

O evento ten lugar no Centro Internacional de Prensa de Galicia, na Rúa Nova, 9, en Santiago de Compostela. A presentación comezará ás 19:30 h e, ao seu remate, os asistentes poderán disfrutar dun petisco de cortesía, celebrando así a chegada do Nadal.