Xornada sobre Sofía Casanova, a gran cronista española do século XX europeo
O próximo xoves 22 de xuño, ás 16:30, o Centro Internacional de Prensa acollerá unha xornada adicada a Sofía Casanova, a gran cronista española do século XX.
Esta xornada comezará cunha conferencia de Rosario Fernández, biógrafa de Sofía Casanova, especialista e autora de “Sofía Casanova, Mito e Literatura”. Posteriormente, ás 18:00, terá lugar un debate sobre a vida, obra e trascendencia da cronista no xornalismo, na cultura e na historia de Europa. A xornada rematará ás 19:00, coa proxección da película “A outra Galicia”, de Marcos Gallego.
A entrada ao acto será libre ata completar o aforo.