Xunta directiva

Presidenta: Xulia Campo Vázquez (Mos, Pontevedra, 1967)

Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou no Atlántico Diario de Vigo e no 1990 incorporouse como Redactora ós Servizos Informativos da Televisión de Galicia (TVG). Foi presentadora e reporteira dos programas “O Agro” e “Labranza” e directora e editora de varios espazos dos servizos informativos como “A Revista” , “Bos Días”, “Galicia Directo”, “Informativo local de Santiago” , “A Solaina” e “Revista da tarde”.
Entre 1992 a 1995 foi redactora xefa da revista especializada “Agrocultura”.
Desde 2006, pertence á Directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, onde foi Secretaria e na actualidade ocupa o cargo de vicepresidenta. Ademais é fundadora da Agrupación de Mulleres Xornalistas da APSC (AMX) e da Asemblea Nacional de Mulleres Xornalistas.

Vicepresidente: Manuel Torrente

Tesoureira: Mª del Carmen Prado Rico (Cospeito, Lugo, 1951)

Licenciada en xornalismo pola Universidade Autónoma de Barcelona. Colaborou con La voz de Galicia, A Nosa Terra e Radio Mollet. Incorporouse aos Servizos Informativos da Televisón de Galicia en 1985. Nesta canle autonómica dirixiu o informativo de “Fin de Semana” e editou o “Telexornal Mediodía”, o “Bos Días Magazine” e os programas “A Solaina” e “A Revista”.

Secretaria: Camila Riquelme

Vogais

Belén Baños (A Coruña, 1977)

Licenciada en Ciencias da Información (Xornalismo-Periodismo) e licenciada en Comunicación Audiovisual. Amante e activista do xornalismo, da escritura e da lectura, da música e da cultura en xeral, da lingua, da socioloxía, da psicoloxía, da natureza, das viaxes, da tradición e da innovación, das causas sociais e de todo servizo e exercicio para a xustiza social e para o ben público.

Silvia Viqueira

Xornalista con máis de veinte años de experiencia. Desenvolveu traballo en prensa, opinando e informando, y agora enfocándose na comunicación corporativa e institucional, especialmente en medios dixitais e especializada en turismo e viaxes.

Manuel Midón

Pepe Formoso

David Sobrino

Xornalista especializado en comunicación multimedia e produción de contidos dixitais. Traballou en Galiciapress e no Ateneo de Santiago, onde é responsable de Radio Ateneo Podcast. Actualmente, é codirector de Xornal de Compostela e xornalista freelance, desenvolvendo proxectos de comunicación corporativa, prensa dixital e produción audiovisual.