A APSC lamenta o pasamento do compañeiro e locutor radiofónico Luis Rial
A Asociación da Prensa de Santiago (APSC/FAPE) amosa o seu sentir polo pasamento do compañeiro e locutor radiofónico Luis Rial, vencellado de sempre á nosa cidade, pola que traballou arreo. A APSC amosa as nosas condolencias a familiares e amigos, deste que foi un entrañable compañeiro e moi querido e coñecido entre o colectivo do xornalismo compostelan e galego. As súas dilatadas experiencias radiofónicas quedarán para sempre no recordo dun polifacético comunicador, próximo sempre ás noticias e as xentes.