A ASOCIACIÓN DE PERIODISTAS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA DEMANDA
A ESIXENCIA DA TITULACION EN XORNALISMO E CRITICA A ACEPTACIÓN
DE ARBITRARIEDADES PASADAS NO PROCESO DE CONSOLIDACION DE
POSTOS DE TRABALLO NA CRTVG
Santiago, 14/12/2022.- A Xunta Directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC-FAPE) amosa o seu total respaldo os xornalistas con titulación da CRTVG que aspiran, como ata agora era preceptivo, a un posto de traballo fixo no cadro de persoal da CRTVG diante da convocatoria de consolidación laboral que non demanda tal requisito en casos puntuais.
Seguindo a doctrina aprobada pola FAPE (Federación de Asociacións de Periodistas de España) de acceso á profesión trala obtención do correspondente titulo universitario en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual, a APSC chama a súa atención sobre a disposición favorable por parte da Dirección Xeral da CRTVG e varios sindicatos a eludir tal suposto no caso de varios casos de redactores que exercían como tales sen a titulación correspondente desde hai moito tempo, debido a arbitrariedades pasadas. Iso suporía –segundo a APSC- “a posta en risco de obtención de praza de redactor a xornalistas titulados que durante décadas tiñan
contratos temporais”. Neste sentido, a APSC, pide a CRTVG que arbitre solucións contractuais para os devanditos casos de non titulados para evitar os seus despedimentos, pero sen que afecte en absoluto a esixencia da titulación para as prazas asignadas.
Por último, concorda co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia na reclamación á dirección do devandito medio público a ser exemplar na formación e acreditación profesional e non abrir unha porta que pode ser moi lesiva para os intereses dos xornalistas titulados, máxime existindo unha Facultade de Comunicación en Galicia desde hai máis de 30 anos.