A Asociación de Xornalistas de Santiago reúne aos sete decanos da Facultade de Comunicación galega no Día do Patrono dos profesionais

No Centro Internacional de Prensa de Galicia manterán este martes un debate sobre os desafíos do xornalismo do século XXI

Santiago, 21/01/2023.- Por vez primeira as decanas e decanos da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que vai celebrar o seu 32º aniversario, vanse reunir todos nun acto organizado pola Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC-FAPE), con motivo da celebración do Día do Xornalista, na efeméride do patrono dos xornalistas, San Francisco de Sales. O encontro terá lugar este martes 24 de Xaneiro as 19.30 horas nas instalacións do Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG), entidade que xestiona a asociación compostelana.

Emili Prado, Margarita Ledo Andión, Xosé López, Miguel Túñez, Xosé Pereira, Xosé Ramón Pousa e Ana Isabel Rodríguez abordarán non só lembranzas académicas e estudiantís da xa dilatada historia da facultade galega, senon tamén destaques da actualidade dos estudos de Xornalismo, o papel do xornalista hoxe en día, e os desafíos dunha profesión tan agredida e cuestionada como esencial para a saúde de calquera país que se prece de ser democrático. As intervencións e coloquios serán moderados por Belén Regueira, directiva Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG). O acto enmárcase, tamén, no espirito e letra dos convenios de colaboración asinados recentemente entre a Facultade, o CPXG, e o CiPG para o desenrolo de actividades profesionais. A convocatoria está aberta o público ata completar aforo e será retransmitido por streaming. O final do mesmo os participantes confraternizarán arredor dun viño galego.

Deixa unha resposta