A autora Nazaret López presenta os seus dous libros Formigas nos pés e Pecados veniais no Centro Internacional de Prensa de Galicia
Co salón de actos do Centro Internacional de Prensa de Galicia cheo, presentáronse este xoves os libros Formigas nos pés e Pecados veniais, da autora Nazaret López.
Neste acto, que deu comezo ás 19:30, estivo presentado pola xornalista e vicepresidenta da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) Xulia Campo, que leu unhas palabras en nome do presidente da asociación, que non puido asistir ao acto, pero que a través da súa compañeira puido dar as grazas a Nazaret López por presentar o seu libro no CiPG.
Acompañando á autora interviñeron, en primeiro lugar, Fran Alonso, director da editorial Xerais, e posteriormente Marilar Aleixandre, escritora e académica da RAG.
Finalmente, tivo lugar a intervención da autora, xunto co remate do acto a través dunha representación musical na que participaron a propia Nazaret López e o Javier María López, que a acompañou coa música da súa frauta traveseira.
O acto foi aberto ao público ata completar a capacidade da, aínda que tamén puido seguirse a través da canle de YouTube do CiPG:
https://www.youtube.com/live/ugaKrhpSjQA?si=EHYc_ClBfdLQpuoL