A estreita relación entre o cine e o xornalismo chega ao Centro Internacional de Prensa de Galicia

Desde este sábado 21 de outubro celébrase na Casa dos Xornalistas de Compostela o ciclo de cinema  ‘Periodistas de Cine: O cuarto poder na séptima arte, organizado pola Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela.

A inauguración fíxose cun acto no que se presentou o libro que dá nome ao ciclo, escrito polo xornalista Luis Mínguez Santos. Estivo acompañado polo experto galego en cinema Eduardo Galán.

Ámbolos dous salientaron o interese que o cinema sempre demostrou pola vida e obra das e dos traballadores dos medios de comunicación. Segundo Luis Mínguez “polo atractivo compoñente de persoa que loita contra os poderes establecidos a prol da cidadanía, e tamén polo compoñente de persoas que manipulan a historia cotidiá”. De feito asegura que xa existe un subxénero cinematográfico sobre o xornalismo. Un interese que, segundo este xornalista, que hoxen en día traballa en Onda Madrid, se mantén na actualidade recente, centrado sobre todo en escándalos políticos.

Mínguez conta no seu libro como dende os anos 80 a imaxe dos xornalistas foi mudando de meros comparsas, as veces un pouco aparvados, ata protagonistas defensores da verdade e a liberdade de expresión que fundamentan a moral social.

A escolla deste ciclo  estivo asesorada por Eduardo Galán, experto galego en cinema que deu datos sobre a relevancia do xornalismo na séptima arte. Como que se contabilizan unhas 1.200 películas sobre ou con xornalistas  e que é a quinta profesión máis retratada no cinema. Na súa intervención rescatou unha frase que se dí na película inaugural do ciclo Los archivos del Pentágono: “Que ten que ir antes, a liberdade de expresión ou a seguridade dun país?” E conclúe Galán que “o xornalismo é para o cine o primeiro borrador da Historia”.

Na apertura do acto, o presidente da Asociación compostelá de periodistas, Luís Menéndez presentou a escolma de películas que, a partir da semana que ven se  exhibirán os venres, a partir das 19.30h, con entrada de balde ata completar o aforo do Centro Internacional de Peridistas de Galicia, sito na Rúa Nova, n.º 9.

Ata final de ano poderanse ver:

-O 27 de outubro Spotlight

-O 3 de novembro El gran carnaval

-O 17 de novembro Al filo de la noticia

-O 24 de novembro Ejecución inminente

– O 1 de decembro Network

– O 15 de decembro Juan Nadie

– O 22 de decembro Primera plana

– E o 29 de decembro Todos los hombres del presidente