A FAPE estará na Directiva da Federación Internacional de Xornalistas nos vindeiros catro anos
O seu representante, Luís Menéndez, co apoio do resto das organizacións españolas, foi elixido polo
periodo 2022-26. María Ángeles Samperio, tamén en representación da Federación da Asociacións de
Xornalistas de España, ten sido reelixida coma presidenta do Consello de Xénero da FIP
MUSCAT (OMÁN), 3 DE MAIO DE 2022.- O representante español no Congreso Mundial da
Federación Internacional de Xornalistas (FIP), Luís Menéndez, da Federación de Asociacións de
Xornalistas de España (FAPE), co apoio do resto das organizacións españolas (FeSP, CCOO, UXT e a
central vasca ELA), foi elixido para o Comité Directivo para o periodo 2022-26, despois das eleccións
celebradas hoxe na capital de Omán, Muscat.
Menéndez conqueríu un destacado resultado cun total de 196 votos, quedando en terceiro lugar entre os
16 membros electos e sendo o primeiro europeo. Por diante quedaron as xornalistas representantes de
Canadá, Jennifer Moreau, e Brasil, María José Braga. O Comité Directivo, que comandará a FIP ata o seu
centenario, en 2026, en París, terá tamén representantes de Colombia, Alemania, Estados Unidos, Italia,
Panamá, Camerún, Somalia, Líbano, Túnez, Kuwait e Angola.
A presidencia da FIP recaeu finalmente, no día de onte, na francesa Dominique Pradalié, quen obtivo un
moi maioritario apoio dos preto de 400 delegados de todo o mundo que asistiron ao Congreso.
No 31o Congreso da FIP tamén se aprobou por unanimidade unha moción promovida pola FAPE contra a
polarización política e mediática.
Ao éxito da FAPE en Omán súmase a reelección, nos pasados días, de María Ángeles Samperio coma
presidenta do Consello de Xénero.
A Federación Internacional de Xornalistas (FIP) é a maior organización mundial de xornalistas. Fundada en 1926, na
actualidade representa a uns 600.000 xornalistas organizados en máis de 187 sindicatos e asociacións en máis de 146 países.
Para máis información, contactar coa FIP:
Tel.: + 32 (0)2 235 22 16
Mob.: + 32 (0)47 913 86 82
E-mail: ifj@ifj.org