Para ser socio ou socia da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) é necesario ser xornalista titulado* e remitir a seguinte documentación:
- Formulario de ingreso na APSC: PDF – WORD
- Formulario de ingreso na Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE): PDF – WORD
- Dúas fotocopias do DNI (anverso e reverso)
- Dúas fotocopias tamaño carné
- Fotocopia do título de licenciatura compulsado
- Breve Currículum Vitae
- Domiciliación bancaria: PDF – WORD
Enderezo postal ao que dirixir a solicitude:
Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela
Carlos Maside, 7
15704 – Santiago de Compostela
Enderezo electrónico: apsc@periodistascompostela.gal
Política de privacidade e protección de datos:
Pulse aquí para acceder ao documento sobre privacidade e protección de datos de carácter persoal.
Datos de interese antes de asociarse:
-Cotas de socio/a:
Tipo de socio/a | Mensualidade * | Alta en FAPE | Carné de xornalista FAPE (tramitación ou renovación) |
Xornalista en activo | 7 € | 7,5 € | 5 € |
Xornalista en paro** | 0 € | 7,5 € | 5 € |
Xornalistas xubilados/as | 7 € | 7,5 € | 5 € |
Preasociados/as*** (estudantes de segundo ciclo de Xornalismo) | 1 € | – | – |
* As cotas cóbranse por semestres, en xullo e en decembro de cada ano.
** A situación de desemprego é imprescindible acreditala coa tarxeta do INEM.
*** Os preasociados e preasociadas non poderán obter o carné de xornalista ata a súa graduación, pero mentres poden gozar de varios servizos da APSC (ver servizos)
Carnés oficiais aos que se pode acceder:
- Carné de xornalista: carné que tramita a FAPE inscribirse nela a través da APSC. Acredita o/a titular a nivel nacional e permítelle acceder a todos os beneficios, convenios e servizos da APSC, FEGAPE e FAPE.
- International Press Card: carné internacional que concede a International Federation of Journalists (IFJ). Acredita o/a titular como xornalista a nivel internacional facilitándolle o desempeño do seu labor en todo o mundo. Tramítase a través da APSC e para obtelo é necesario estar en posesión do carné de xornalista (Solicitude/renovación)