Fernando Rodríguez Estalayo presenta os seus libros Perro rojo e Mi libertad paso a paso
Este mércores o Centro Internacional de Prensa de Galicia acolleu a presentación dos libros Perro rojo e Mi libertad paso a paso, do autor Fernando Rodríguez Estalayo.
Na presentación dos seus libros, o autor estivo acompañado pola súa filla Ángela, que actuou de moderadora do acto e deu comezo ao acto. Posteriormente, tivo a palabra o director corporativo do Centro Internacional de Prensa de Galicia, Pastor Lorenzo, que presentou o acto e deu paso á invetigadora, memorialista e tamén escritora María Torres, quen tamén acompañou o autor e é ademais prologuista dos libros.
Finalmente foi a quenda do protagonista do acto, Fernando Rodríguez Estalayo, autor das dúas obras presentadas e que recupera nelas a memoria do seu tío Victoriano e a historia do holocausto.