Michael Keating, prestixioso historiador escocés, descobre en Santiago a rede do celtismo nos países da franxa atlántica

O Centro Internacional de Prensa de Galicia acolleu este martes unha conferencia organizada pola Asociación Federalista de Galicia impartida por Michael Keating sobre a relación entre o mito céltico e a política na Europa atlántica.

Durante a conferencia Keating destacou que o celtismo é “un fenómeno que merece a pena investigar”. Ademáis, afirmou que é unha cuestión de actualidade, especialmente no eido cultural. Asimesmo, fixo un respaso da súa investigación e da evolución historiográfica deste concepto.

O acto estivo presentado por Ramón Máiz, profesor de Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela e presidente da asociación.

Michael Keating, que este ano será nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago, é especialista en políticas comparadas europeas, políticas territoriais, nacionalismo e descentralización do Reino Unido. Conta cunha longa traxectoria académica ao longo da que recibiu numerosos recoñecementos. É doutor da Academia Británica e da Real Sociedade de Edimburgo, entre outras institucións.

Deixa unha resposta