O Centro Internacional de Prensa de Galicia acolleu a presentación de ‘A miña irmá Antonia’, de Ramón María del Valle-Inclán
Santiago de Compostela
1 de decembro de 2022
O Centro Internacional de Prensa (CiPG) realizou este xoves 1 de decembro en Santiago de Compostela a presentación do libro ‘A miña irmá Antonia’, de Ramón María del Valle-Inclán. O acto contou coa presenza de Xaquín del Valle-Inclán, neto do escritor. Este fixo unha crónica da vida literaria do seu avó dende o punto de vista desde do seu éxito de vendas, un aspecto pouco recoñecido a Valle-Inclán.
Neste evento estivo tamén presente o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, quen fixo referencia á necesidade de traducir a Valle ao galego: ‘’Dispoñer de Valle en galego é algo fundamental para normalizar a nosa literatura, e fai crecer a nosa colección literaria’’. Valentín tamén salientou o papel dos traductores para que se poida ler en galego ós grandes escritores e escritoras.
Precisamente Rocío Vietez, traductora de Valle-Inclán, reivindicou que se poida gozar tamén en galego dos grandes escritores que deu a literatura de Galicia, malia que moitos escribiran en castelán.
Antonio González, coordinador da edición e autor do epílogo, e Alfonso Enriquez, fotógrafo autor da reportaxe artística, contáronlle ó numeroso público presente na sala como se realizaou esta obra.
O acto rematou coa escolma dramatizada do texto, protagonizada polos actores Roberto Leal e Gloria Rico.