O CiPG acolle “Marrocos e a cuestión do Sahara”

Organizado pola Asociación Federalista de Galicia tivo lugar o pasado 16 de novembro a celebración dunha conferencia baixo o titulo “Marrocos e a cuestión do Sahara” impartida por David Alvarado Roales, doutor en Ciencia Política e grande especialista no Magreb. O profesor Alvarado foi presentado pola profesora Cristina Ares, doutora en Ciencia Política e Administración da Facultade de Ciencias Politicas da USC.

A actual situación bilateral España-Marrocos coa polémica aceptación da autonomía para o pobo saharaui, o deterioro da liberdade de prensa ou as relacións con Arxelia e a súa industria gaxística, foron algúns dos temas abordados durante a conferencia e no posterior e animado coloquio.

Deixa unha resposta