O expresidente da Xunta Emilio Pérez Touriño presentará no CiPG o seu libro ‘El horizonte europeo’
Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2023.- A presentación do novo libro do expresidente autonómico Emilio Pérez Touriño terá lugar o mércores, 18 de xaneiro, ás 19.30 horas, no número 9 da Rúa Nova compostelá, onde está radicada a sede do Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG).
O presidente da Asociación de Periodistas de Santiago (APSC), Luís Menéndez -a APSC é a entidade xestora do Centro Internacional de Prensa de Galicia-, así como tamén o seu homólogo no Ateneo de Santiago, Manuel López-Rivadulla participarán no acto de presentación da obra literaria, xunto ao catedrático de Ciencias Políticas da Universidade compostelá, Ramón Máiz.
