O proxecto ViteArquiva foi presentado como exemplo de colaboración entre a comunidade veciñal e científica deste barrio de Santiago
A simbiose entre os movementos cidadáns como base para o estudo dunha comunidade local diferenciada e a realidade do pasado e presente da mesma, foi o eixo do acto desenvolvido onte no Centro Internacional de Prensa de Galicia e que tivo como protagonista o barrio compostelán de Vite. A tal efecto, presentouse o proxecto ViteArquiva, dirixido por Brais Santomil, coa estreita colaboración de especialistas en patrimonio inmaterial como a antropóloga do Centro Superior de Investigacións Científicas, Cristina Sanchez Carretero e a socióloga Paula Sanchez Carrera (INCIPIT-CSIC). Ambas especialistas participaron en dous traballos multidisciplinares de proxectos europeos relativos a chamada “ciencia cidadá”.
Segundo os poñentes, ViteArquiva “non é simplemente un arquivo de barrio senón que se centra nas accións comunitarias desenvolvidas no pasado e que supoñen o alicerce da memoria de Vite para reflectir e emprender accions cara o futuro”. O barrio de Vite, que pasou por etapas conflictivas nos seus comenzos nos anos 70 e 80 con problemas tanto infraestructurais como de delincuencia e drogadicción, é hoxe un exemplo de recuperación para a convivencia cívica. O acto foi complementado con intervneción do xornalista Joel R.Gómez, autor do coñecido libro “Vite de Compostela. A comunidade (auto-)construída”, unha coidada monografía con ampla base documental do chamado “xornalismo de proximidade” e que tivo a Vite como protagonista da memoria social inclusiva. O acto foi presentado polo presidente da Asociación de Periodistas de Santiago, Luís Menéndez.