Os xornalistas de Compostela solidarizáronse cos de Palestina

Seguindo a campaña mundial da Federación Internacional de Periodistas (FIP) Israel: Stop Killing journalists in Gaza en protesta polos máis de cen asasinatos de xornalistas e traballadores de prensa palestinos na guerra de Gaza, sete cada día, un grupo de xornalistas de Santiago, convocados pola Asociación da Prensa (APSC/FAPE), co apoio do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, concentráronse onte no Centro Internacional de Prensa de Galicia.

O presidente da APSC, Luís Menéndez, leu un comunicado da Secretaría Xeral da FIP en Bruxelas, desde onde se coordinan as axudas ós xornalistas palestinos, no que se salientou a impunidade na que viven os xornalistas en Gaza, xunto á incomunicación, xa que é un territorio pechado ós medios internacionais. Tamén se deu a coñecer a convocatoria da FIP para o dia 26 de febreiro como Día Internacional dos Xornalistas Palestinos.