PESAR POLO PASAMENTO DO XORNALISTA JAVIER OTERO
Santiago, 01/12/2022.-A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC-FAPE) amosa o seu fondo pesar pola morte do compañeiro xornalista compostelán Javier Otero Llovo (Santiago,1951) falecido no día de onte. Histórico e activo membro da Asociación da Prensa de Santiago desde os anos 80 do pasado século estivera vencellado durante décadas a Cadena SER da que ocupou cargos directivos en Radio Galicia, Radio Sevilla e Radio Madrid xunto co grupo PRISA. Tamén fora director da Axencia Galega de Noticias e da TV Localia, en Santiago. Entusiasta e animado profesional non dubidou en participar en accións en favor da democracia, desde a militancia sindical ata a promoción do desenvolvemento da sociedade civil con organizacións como Acción Cívica Solidaria na exigencia da aplicación das normas de transparencia no mundo da política.
Interesado pola actualidade da súa cidade, tan só hai uns días púxose en contacto coa Asociación de Xornalistas para lanzar a idea de organizar un debate no Centro Internacional de Prensa de Galicia sobre as expectativas para un novo xornal en Santiago, idea que a APSC fixo súa e artellara nun futuro próximo.
Afeccionado a pintura e as viaxes, a súa marcha deixa orfa á unha profesión que o botara de menos. Descanse en paz.