Proxectóuse no Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG) o documentario ‘Exeria: a primeira peregrina’
O director do filme, o xornalista Luís Menéndez, estivo acompañado da autora do libro ‘Eu son Exeria’, Marisa Vidal e de ilustradora Sole Pita

Santiago de Compostela, 19-12-2022.- O documentario ‘Exeria, a primeira peregrina’, do xornalista Luís Menéndez, proxectóuse onte no Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG) nun evento no que estiveron presentes tamén a autora do libro ‘Eu son Exeria’, Marisa Vidal, e a ilustradora Sole Pita.
O documental trátase dunha produción galega internacional en cinco países seguindo o roteirode Exeria, fascinante figura do século IV, que peregrinou desde as calzadas romanas da Gallaecia ata os seus destinos de Terra Santa e Constantinopla, deixando testemuña escrita no seu Itinerarium, un texto nun latín culto que lle pareceu extraordinario ao autor do filme.
Marisa Vidal lembrou a necesidade que houbo de dar a coñecer a esta pioneira das crónicas viaxeiras, sobre todo a raíz de que o Concello de Santiago concedera unha praza á memoria de Exeria. “Isto ao final fai posible visibilizar ás mulleres da historia, sacalas do anonimato e poñelas á luz”, manifestou a escritora.
A ilustradora e profesora do instituto compostelá Rosalía de Castro, Sole Pita, explicou que a súa aportación tivo moito que ver co seu compañeiro Pepe Chao, membro da publicación Encrucillada: “Entre os moitos debuxos que fixen para Encrucillada este de Exeria foi o que máis sorpresas me deu e a partir del veu a historia de ilustrar o libro”. Pita anima a ler un “texto precioso, que se le de contado”. Unha obra que segundo ela “fala da forza das mulleres”.
